17 de mayo de 2018
17.05.2018

Veciños dos Castros alegan contra a planta de aceites prevista en Oza

A entidade veciñal considera que suporá "un grave risco ambiental" - O Concello está a preparar as súas alegacións ao proxecto

17.05.2018 | 02:46

A asociación veciñal Oza, Gaiteira e Os Castros rexeita o proxecto da instalación dunha planta de almacenaxe e pretratamento de aceites industriais e hidrocarburos no peirao de Oza. Nas súas alegacións, critica o efecto negativo sobre a contorna, en concreto á praia de Oza, e a carencia "dun Plan de Urxencia en caso de verquido". Os veciños denuncian que tampouco "se ten en conta a proximidade de espazos de lecer ou o impacto paisaxístico"

A asociación veciñal de Oza, Gaiteira y Os Castros presentou alegacións ao proxecto de instalación dunha planta de tratamento de residuos de buques no peirao de Oza por considerar que suporá "un grave risco ambiental" pola súa situación e as súas características. O Concello tamén está a preparar as súas alegacións.

Nas súas protestas, a entidade veciñal manifesta que o proxecto da empresa Limpoil "non recolle medidas en caso de incidencias" e tampouco "fala do Plan de Urxencias en caso de verquido". Ademais, ve necesario que sexa sometido a unha avaliación ambiental.

A Consellería de Medio Ambiente abriu en abril o prazo de presentación das alegacións á solicitude de autorización ambiental integrada para o proxecto co que pretende instalar unha planta de residuos na dársena de Oza. Un espazo, segundo os veciños da zona, "inapropiado" xa que "supón un grave risco ambiental para a veciñanza por estar a unha distancia inferior aos 500 metros e nunha contorna sensible como é a praia de Oza", que recuperou a súa bandeira azul tras mellorar a calidade das súas aguas.

Sobre a repercusión no medio biótico, o proxecto apunta que será "a esperada". A asociación veciñal de Oza critica que "non explica" ese impacto e que tampouco "se ten en conta a proximidade de espazos de lecer". "En canto á fauna e flora do medio mariño, nin se menciona", denuncian nas súas alegacións.

Entre as protestas, figuran a falta de análise do impacto paisaxístico e sobre o patrimonio cultural así como a ausencia de protocolos de procedementos para almacenar estes "residuos perigosos" no peirao de Oza. Os veciños non entenden, ademais, que a empresa asegure que a planta xerará emprego pero "non se compromete con número de postos nin duración dos contratos".

Limpoil conta xa coa licencia para a prestación de servizos de recollida de residuos líquidos e sólidos procedentes de buques no peirao da Coruña. Porén, non os somete a pretratamento dentro das instalacións portuarias, senon que os traslada para que sexan tratados noutro lugar. O seu proxecto implica almacenar os residuos e separar o agua do aceite.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia
 


esquelasfunerarias.es
Enlaces recomendados: Premios Cine