A figura de María Casares retorna ao teatro como protagonista coa obra Despois das ondas de Ernesto Is, gañadora do Premio Rafael Dieste da Deputación da Coruña. A vicepresidenta da Deputación, Goretti Sanmartín, o autor Ernesto Is e a actriz Diana Sieira participaron na presentación do libro onte no Colón. Sanmartín, anunciou que a obra chegará á escena este ano.

A obra achega até o presente a vida persoal e profesional dunha das artistas máis relevantes da historia do teatro europeo. Ernesto Eis apuntou que Despois das ondas "é un texto moi lírico no que apenas hai personaxes", lembrando a figura de María Casares como "unha muller fantástica, loitadora e unha artista enorme", que "acadau o recoñecemento popular no seu país de exilio, Francia". A actriz Diana Sieira, quen está a interpretar a persoa de Casares nas visitas organizadas pola Deputación ao Colón pechou a presentación rememorando entre bambalinas as experiencias e anécdotas vitais da actriz nada na Coruña.