08 de julio de 2018
08.07.2018
MINIEMPRESAS CORUÑA

Case 4.300 alumnos coruñeses participaron en formación sobre emprendemento en cinco anos

Cinco centros educativos da comarca coruñesa deseñaron seis proxectos de miniempresas na convocatoria 'Lanzadeiras Coruña' deste ano

08.07.2018 | 02:02
De esquerda a dereita, Ana Alzate, Balbina Lema, Eugenia Pérez e Carmen Merelas.

O proxecto Miniempresas Coruña organizado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria clausurou en xuño a súa quinta edición. A iniciativa, financiada pola Fundación Alcoa, e de cuia divulgación se encarga LA OPINIÓN busca mellorar as capacidades emprendedoras do alumnado dos centros educativos da comarca coruñesa desde as etapas máis temperás.. Este é o obxectivo principal e dentro del inclúense outros específicos como transmitir, fomentar e inculcar a cultura emprendedora; crear miniempresas nalgúns centros; promover valores de emprendemento como como a xestión do optimismo, a activación da creatividade, o traballo en equipo ou o liderazgo e dalos a coñecer á sociedade; ademais de ofertar formación específica sobre o tema.

A proposta deste proxecto enmárcase no Plan de Emprendemento do Sistema Educativo de Galicia Edu emprende. Este proxecto avanza na difusión do valor do emprendemento dando continuidade aos iniciados dende o curso 2014-2015 ata o actual na provincia da Coruña e desde 2013 na de Lugo. Cando se lanzou a convocatoria deste ano o pasado outubro a expectativa era chegar a 300 alumnos, 15 profesores e catro miniempresas. E o resultado final superou ese umbral ao constatarse a participación de 498 estudantes, 92 docentes e seis proxectos. Desde que arrancou o programa acadouse a involucración de 4.249 alumnos, 290 profesores e 65 centros educativos.

A Consellería tamén realizou enquisas aos participantes sobre o proxecto Miniempresas Coruña e o 51% amosaron unha valoración moi alta do emprendemento, unha porcentaxe moi superior ao 20% das sondaxes realizadas na primeira convocatoria, o que amosa un aumento do interese por este tema e o éxito deste traballo ano tras ano. Ademais, un 33,3% mellorou a súa percepción da súa capacidade emprendedora. E no 38% medrou a súa disposición cara o emprendemento.

Unha das partes de Eduemprende é o programa Lanzadeiras Coruña enfocado á creación de proxectos de miniempresas en centros de ensino non universitario da comarca da Coruña. Na convocatoria deste ano a iniciativa permitiu a creación de seis proxectos de emprendemento en cinco centros.

O programa arrancou o pasado outubro co lanzamento da convocatoria Lanzadeiras que se resolveu en decembro. O proxecto presentouse en xaneiro no CIFP Someso, mentres que entre decembro e maio os alumnos estiveron traballando nas súas miniempresas coa axuda dos seus profesores . O mes pasado presentouse o informe de resultados e celebrouse tamén a clausura no CIFP Paseo das Pontes, nun acto no que se entregaron os tres premios do concurso de miniempresas: un primeiro premio de 1.264,33 euros para Edukart, do IES Universidade Laboral de Culleredo; un segundo de 758,60 euros que recaeu en Lagoa Xestión de Proxectos S. Cooperativa Galega do IES Isaac Díaz Pardo; e un terceiro dotado con 505,75 euros para a proposta Gastroescola do CIFP Paseo das Pontes. Tamén participaron o CIFP Ánxel-Casal de Monte Alto con Senlleiras Animación S. Coop e o CIFP Someso con dúas propostas: BuggyMax e MaisQPezas.

No acto de clausura no CIFP Paseo das Pontes e interviron a directora deste centro, Beatriz López Pardo; a directora de LA OPINIÓN, Carmen Merelas; Balbina Lema, representante da dirección de Alcoa na Coruña; e a subdirectora xeral de Formación Profesional da Xunta de Galicia, Eugenia Pérez Fernández; e a xefa de servizo de orientación profesional e relación con empresas da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

A directora de LA OPINIÓN sinalou que as estadísticas apuntan que de cada dez proxectos emprendedores sete fracasan pero esta porcentaxe invirtese e son sete de cada dez os que triunfan os que saen adiante se están avalados por actividades educativas e formativas. As ponentes resaltaron o seu esforzo extra dos docentes na formación no empredemento así como e o seu compromiso para motivar aos alumnos neste eido. Consideran que as seis miniempresas son ideas "interesantes e innovadoras" con "aplicación real" en todos os sectores productivos. E coinciden en non desanimarse no camiño porque o fracaso é "aprendizaxe" e un aspecto "moi valorado polas empresa".

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

CONTENIDO PATROCINADO


Madrid acoge el I Encuentro sobre Coordinación Parental

El Coordinador Parental es una figura que comienza a tomar protagonismo en el sistema judicial de familias en España

 

LA OPINIÓN A CORUÑA te invita a disfrutar de la carrera más divertida del año. Responde a las preguntas y participa en el sorteo de 10 dorsales para la SAN SILVESTRE CORUÑA 2018, que se celebrará en A Coruña el 31 de diciembre.

esquelasfunerarias.es