1. Instar ao Goberno municipal a que negocie coas distintas administracións a fórmula axeitada para que o custo da construción do porto exterior de Punta Langosteira e as súas conexións, que é unha obra do Estado, sexa pagado por este, e que sexa condonada a débeda da Autoridade Portuaria da Coruña, como se fixo con Valencia.

2. Instar o Alcalde para que no prazo dun mes se someta ao Pleno Ordinario na súa parte resolutiva un punto separado na súa orde do día para a aprobación dunha Consulta Popular, co procedemento aprobado no Pleno de 6 de marzo de 2017.

3. Instar o Alcalde para que traslade este acordo as distintas administracións -Deputación provincial, Xunta de Galicia, Goberno do Estado e Congreso- na procura dun apoio unánime ás xustas reivindicación históricas da Coruña.

4. Apoiar as iniciativas e convocatorias de Defensa do Común para a consecución destes obxectivos.