- Sorprende ao Goberno local a sentenza?

-O que nos sorprende é que a CIG interpuxera esa demanda xusto no momento en que estamos poñendo solución ao problema. A temporalidade a través de comisións de servizo nas administracións públicas é un problema endémico, pasa na Xunta, en todos os concellos. Cando chegamos, detectamos que había un número elevado de comisións de servizo e de adscripcións provisionais. O que tiñamos claro é que para solucionar eses dous problemas, a única vía correcta era o concurso de traslados definitivo. Para iso hai que facer unha serie de actuacións previas.

- Cales?

-Tes que modificar a relación de postos, para que a xente saiba a que postos pode concurrir. En segundo lugar, os funcionarios, para poder participar, teñen que saber que méritos se lles van a valorar. Para iso tivemos que facer unhas bases de concurso, que negociamos xusto despois de aprobar a modificación da Relación de Postos de Traballo consensuada con todos os sindicatos. E nesas reunións e nesas mesas de negociación tamén estaba a CIG. E no verán foi cando plantexamos convocar o concurso de traslados e está enviado o anuncio ao DOG e en breve se abrirá o prazo de solicitude de praza por parte dos funcionarios, para poder moverse con garantías cunha valoración de méritos para ter ese posto en propiedade e non nunha situación de temporalidade.

- O que critican é que a Marea perpetuou a situación de temporalidade con novas comisións.

-Mentres non se resolve o concurso de traslados, hai que manter o funcionamento do servizo. Tes que ter persoal nos postos onde se firman as resolucións, onde se resolven as solicitudes dos veciños e veciñas... Tes a obriga de cubrir eses postos. E a única maneira de facelo mentras resolves o concurso de traslados é manter as comisións de servizos. Porque ademais os ceses nas comisións o que poden causar son os ceses en cascada dos que están por debaixo. Sería un caos organizativo. A fórmula definitiva para solucionar a situación de temporalidade puxémola desde o primeiro momento enriba da mesa. O sindicato que interpón a denuncia estivo en todas as mesas de negociación e foi o único que non firmou as bases do concurso. Este problema vén causado de non ter realizado concurso de traslados definitivos en dez anos. A situación non é de agora nin desta administración. E nós fomos os primeiros en poñer solución.

- Con que argumentos van recorrer a sentenza despois de seren rexeitados polo maxistrado?

-A situación de temporalidade é evidente, que é o que pon a sentencia enriba da mesa. Pero non se soluciona anulando as comisión para despois vernos obrigados a convocar outras comisións de servizo de carácter temporal. O problema soluciónase resolvendo o concurso de traslado defintivo, que é o que piden os funcionarios, a maioría dos sindicatos e a mesa de negociación, incluida a CIG. E foi o que fixemos e convocamos. E por iso cremos que é a maneira adecuada de resolvelo.

- E ese concurso de traslados, pode quedar afectado se chega unha sentenza firme en contra?

-Non, o concurso de traslados, o normal desenvolvemento do concurso de traslados non ten por que interferir na estratexia xurídica que sigamos neste momento. Estamos valorando todas as situacións. A sentenza é desta semana e estamos traballando coa Asesoría Xurídica pero entendemos que o concurso sigue adiante e ten que seguir precisamente para poder resolver esa situación que pon enriba da mesa a sentenza.

- As bases non valoran a ocupación destes postos provisionais?

-Non, valora ata o momento de presentación de instancias e como máximo dous anos.

- Cales son as consecuencias da execución?

-Mandamos un correo informativo a todo o persoal para informar de que a sentenza é apelable, que temos quince días para facelo, e polo tanto non é firme e non é executiva inmediatamente. Por iso estamos vendo coa Asesoría como plantexar esa apelación porque a solución xa lla estamos dando.