A Biblioteca Provincial da Coruña foi o escenario esta mañá da entrega do Premio Otero Pedrayo deste ano a Antía Cal e María Xosé Queizán. O galardón, entregado polas catro deputacións galegas e a Xunta, recoñece a traxectoria da primeira como pedagoga e introdutora en Galicia das teorías de Rosa Sensat, mentres que na segunda é o seu labor como escritora e teórica do feminismo.

A vicepresidenta da Deputación coruñesa, Goretti Sanmartín, salientou que despois de corenta anos deste premio, o ano pasado entregouse a unha muller por primeira vez, Margarida Ledo, e nesta ocasión a dúas mulleres destacadas no mundo cultural galego. As dúas galardoadas mencionaron a súa relación con Otero Pedrayo e agradeceron recibir un premio que leva o seu nome.