Betanzos Novo vai presentar dúas mocións no próximo pleno nas que destaca os incumprimentos ano tras anos do Goberno local do PSOE. Nunha das mocións lembra que o Executivo leva "máis de vinte anos intentando tramitar un plan xeral de ordenación" e despois de que unha proposta fose rexeitada unánimemente pola oposición lembra que o Goberno se comprometiu a presentar un borrador do plan, ahora que xa se contratou outro equipo redactor, antes de finalizar 2018, e "non se cumpriu". Suliña ademais que también se comprometeu a elaborar un plan de rexeneración integral do casco histórico e revisar o plan especial de protección, para o que encargou un estudo que debía estar entregado en 2018, e Betanzos Novo non sabe nada del. Por iso esixe na moción unha copia do borrador do plan e dos estudos do plan especial.

Tamén reclamará á alcaldesa que faga un covenio de colaboración coa dirección do colexio Vales Villamarín para axudalo a organizar e financiar actividades extraescolares. Lembrou que hai dous anos se aprobou en pleno por unanimidade que o Concello asumise a xestión pública destas actividades, e ainda que un informe xurídico non o respaldase, cre que se poden buscar fórmulas coma a do convenio.