26 de febrero de 2019
26.02.2019
ESPAZOS EDUCATIVOS

Reformas integrais en oito centros escolares

26.02.2019 | 01:23

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional licitou por un importe de 4.828.170 de euros as obras de rehabilitación integral completa -enerxética e funcional- para oito centros escolares de Galicia a razón de dous por provincia.

Os centros obxecto desta actuación son A Ramallosa (Teo), Felipe de Castro (Noia), Ramón Piñeiro (Láncara), Luís Pimentel (Lugo), Terras de Maside (Maside), Portovello (Ourense), Tenorio (Cerdedo-Cotobade) e Arealonga (Vilagarcía de Arousa).

Unha vez completados todos os trámites administrativos, a Consellería traballa coa previsión de que as obras -cun prazo máximo de execución de dous meses e medio- se leven a cabo durante o período estival aproveitando as vacacións de verán e coa finalidade de que estean rematadas ao inicio do curso 2019-20. Todas as actuacións están cofinanciadas a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020.

En xeral os traballos supoñen unha reforma integral dos centros, que xeralmente abranguen actuacións específicas en cubertas e fachadas (illamentos), carpinterías (substitución por outras con rotura de ponte térmico), luminarias (substitución por equipos de alta eficiencia enerxética) e outros elementos das instalacións. Estas actuacións complementaranse con outras como o pintado de aularios ou posibles melloras funcionais segundo o establecido nos proxectos técnicos.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
esquelasfunerarias.es