Moitos colexios da Coruña adiantaron onte a celebración do Entroido. Case 400 escolares de Infantil do Liceo luciron máscaras de cores no seu desfile no pavillón. Dedicárono ao mundo do circo. Os nenos do San Francisco Javier tamén amosaron os seus, en honor a profesionais como os bombeiros e os xornalistas.