A editorial Chan da Pólvora traduce ao galego un dos libros máis celebrados da poesía inglesa actual, Físico, de Andrew McMillan. O autor británico, o editor, Antón Lopo, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentaron o luns a edición na librería coruñesa Moito Conto.