Aparece por vez primeira o nome do lugar da Gaiteira e a súa ponte, ( Del gauyteyro) na acta do 26 de xuño de 1525, reproducida por Isabel Martínez Barbeito no seu libro Notas de un Archivo, e reséñase que "?en presençia de mi dicho escribano e notario público e testigos de yuso escriptos paresçio ende presente Juan Danero, cantero que dixo que el daba e dio por su fiador para facer la ponte del guayteyro?a Lorenço doleyros vecino de la dicha çibda que estava presente el qual? salía por fiador del dicho Juan Danero?".

Sinálanse tamén as características da ponte: "?e se obligaba con su persona e vienes muebles e rrayzes ?que el dicho Juan danero fara seys blocas de la dicha ponte de guayteyro e echará nellas seis juntoyros que atrabiesen la puente de una parte a otra e que hara las dichas seys blocas de la dicha puente segun e de la manera que se concertó oy con los señores del rregimiento". A firma do "escribano e notario público" así como de "testigos de yuso escriptos?", co acordo cos rexidores do Concello significa o seu carácter concellil e uso aberto.

A profesión de canteiro era importante na súa época. Nos datos de pecheros da cidade do 1496 só aparece un "canteiro", fronte a once toneleiros ou catorce carpinteiros. Na época, a maioria das casas eran de madeira, de xeito que os Reis Católicos, por Real Cédula de novembro de 1493, ordean "fecha relaçión que esa çibdade las casas della son todas fechas de madera e que están a peligro de fuego?vos mandamos que de aquí en adelante todas las casas? las fagays façer e fagays que fagan? de cal e canto o de tapia o ladrillo e no de madera...". Evidencia, pois, a tipoloxía construtiva do momento e a súa evolución. Así, no ano 1752, na cidade hai xa setenta canteiros, pedreiros ou albaneles, según o Catastro de Ensenada.

Evidentemente, a Gaiteira e a súa ponte son moi anteriores á citada acta. A igrexa de Santa María de Oza, unha das paradas do Camiño da Pasaxe, data do século XII. O Camiño da Pasaxe e a súa barca eran utilizados polos veciños da cidade e do coto para comerciar os seus excedentes coas cercanas terras das Mariñas. A barca da Pasaxe pasaba á outra beira "?gente e bestias desde que amaneciese hasta que sea noche cerrada?", persoas, mercadorías ou "?caballo o mulo o otras cualesquier bestias pagan por ellas? y más si fueran cargadas?" ( 31 de decembro de 1491). Aquí radica, pois, a importancia da ponte da Gaiteira e o Camiño da Pasaxe como eixo de comunicación e vertebrador dos elementos nodales do espazo do coto: cidade, A Gaiteira, igrexa, coto, xurisdicción; e tamén a vertebración en rede dos diversos camiños, sendas, aldeas e lugares da parroquia cos nodos antes citados. Así, o Camiño da Pasaxe era un importante camiño de saída da cidade, que debería de ter unha anchura de dous carros, un firme de pedra e un ancho aproximado de nove pés; mentras, a ponte estaba situada ao inicio da actual rúa Río Monelos, en confluencia con Alcalde Marchesi. Constrúese, pois, no paso máis estreito, firme e alonxado da subida das mareas, que asulagaban a ampla braña da desembocadura. As características sinalan a ponte como de pequenas dimensións para atravesar "un pequeno rio". O ancho na base era de catorce pés,cun alto de doce pés ( un pé medía 27,86 centímetros). Tiña protectores laterais que cubrían a altura das rodas dos carros. O arco careto era de seis pés, con reforzo dun arco de perpiaño e desague ( Libro del Consistorio, 26 de maio de 1535, Ismael Velo).

Na exhausta economía da cidade as obras realizábanse mediante "unha sisa", imposto indirecto sobre mercadurías de consumo. No Libro do Consistorio do 28 de xaneiro de 1538 para a ponte da Gaiteira: "?ítem que paguen las mujeres viudas e ricas e tratantes e las tratantes e las otras mujeres ricas e los mancebos recén casados que tienen cartos e a los otros mancebos que tienen tiendas?").

Hai que significar que a maioría das terras das cercanas parroquias do coto eran propiedade dos fidalgos, funcionarios e cregos da Cidade, sendo os labregos só usuarios mediante foro. Propiedade que era referencia de poder económico e prestixio social. A economía era fundamentalmente agraria, de acumulación simple e intercambio desigual, onde o excedente monetario revertía na cidade, destinado maiormente á nova compra de terras ou luxo. A cidade celebraba unha feira franca, concedida por Isabel II según documento librado en Alcalá de Henares en marzo de 1503, que se realizaba entre o 15 de xullo e o 15 de agosto dentro dos muros da cidade para poder "?vender e trocar e cambiar franco de alcabala todas e cualesquier clase de?mantenimiento e joyas e preseas e bestias e otras qualesquiera mercaderyas?". Mentres os labregos, despois de pagar foro, diezmos e alcabalas, mantíñanse en estado de subsistencia, fame ou emigración. Así nas Respuestas del Reino al interrogatorio de Felipe II (13 de xullo de 1571) sinalase que os habitantes do coto son "todos labradores de pan y vino sin tener otros tratos ni oficios? porque comúnmente traen bastimentos para provisión de la dicha ciudad?" e "? que vivían de cavar y labrar pan y millo y vino y que no hay otro ejercicio ni trato alguno?".

A ponte foi lugar de enfrontamento coas tropas do xeneral Norris no ano 1589. Entre as cartas dirixidas ao rei Felipe II relátase o "enfrentamento do capitán Álvaro Trocoso en los altos de Santa Lucía y el Puente gaiteiro?", onde o inglés "?echó en tierra tres piezas de Artillería y las plantó cerca del agua del puente que llaman del Gaiteiro?".

A ponte, despois de diversas vicesitudes, pasa a ter un uso de comunicación interno. Finalmente, no ano 1955 e posteriores comeza a súa morte anunciada no plenos municipais. Desaparece coa canalización do río Monelos no 1965. Mais esto é outra historia.