Preséntase como un diario, pero non está escrito polo seu protagonista.Ese é,segundo Cristina Barbeito, un dos aspectos que fai singular a obra de Eduardo Romero, Autobiografía de Manue Martínez, unha peza "orixinal" que fala a través do persoal da historia dun país. Baseado nas entrevistas que Romero lle fixo a Martínez, un home "que pasou a maior parte da súa vida preso", o escritor constrúe "un retrato atinado da españa franquista e da súa represión contra as clases máis desfavorecidas", ás que se lles aplicaban leis da época como a de Vagos e Maleantes. Do volume, a dona de Berbiriana resalta a "radiografía" que fai da Transición, á que se poden achegar lectores "desde os 16 anos".