O Concello abre o prazo para que todas as persoas que queiran participar na lectura pública de homenaxe a Antón Fraguas, o Día das Letras Galegas, poidan facelo. Será un actoentre as 11.00 horas e as 11.45 horas no que as persoas voluntarias se achegarán ao balcón de María Pita para ler unha parte das súas obras.

Para anotarse, poderán enviar un correo á Concellería de Culturas ( concellaria.cultura@coruna.es ) co seu nome para estar na lista.

"As Letras deben entenderse como unha festa colectiva de expresión do noso idioma, algo moi importante especialmente nuns tempos nos que volven aparecer voces que atacan ao galego dunha forma propia doutras épocas moi escuras”, dixo o concelleiro de Culturas, José Manuel Sande, que convidou a cidadanía a participar no acto.