15 de mayo de 2019
15.05.2019

O CIFP Ánxel Casal súmase á moda dos 'grillz' cunha miniempresa

O centro crea estas pezas de xoiería dental que locen estrelas de Hollywood sen riscos como os que se poden atopar en internet

14.05.2019 | 20:44
Un dos adornos dentais deseñados polo CIFP Ánxel Casal.

O CIFP Ánxel Casal da Coruña é un dos dez centros da provincia seleccionados para participar na quinta edición de Lanzadeiras Coruña. En 2017 fixerono coa miniempresa de audífonos personalizados Ouvisán, o ano pasado traballaron no buscador de servizos de animación Senlleiras Animación S. Coop. E este ano alumnos do 2º curso do Ciclo Superior de Próteses Dentais crearon Grillz Desing, elementos estéticos de resalte das pezas dentais que puxeron de moda estrelas da música, do deporte e do cine como Madonna, Kate Perry, Justen Bieber, Beyoncé, Kim Kardashian, ou Johnny Depp. E viron que en España existe un nicho de mercado desta "xoiería dental". En Grillz, o produto está fabricado por protésicos dentais cualificados que empregan materiais de primeira calidade usando as técnicas máis axeitadas e axustándose á morfoloxía do usuario, minimizando os riscos. E esta é a novidade do proxecto fronte ao que hai no mercado porque a maioría dos grillz que se mercan por internet, que non teñen estas garantías.Os participantes elaboraron un plan de negocio no que analizan a súa viabilidade técnica, e económica e calculando os custes do proxecto e o investimento.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
esquelasfunerarias.es