A idea de crear Zalashop no IES Ramón Menéndez Pidal para o programa Lanzadeiras Coruña xurdiu coa intención de dar unha formación paralela no módulo de Comercio Electrónico, ao alumnado de 2º de Comercio e Marketing. O máis novidoso do proxecto é esta miniempresa é dixital lanzouse cunha web propia para a venda de roupa e complementos para o público xuvenil. Ao tratarse dunha tenda virtual os trámites non se adaptan aos modelos tradicionais. De feito, os estudos de mercado realizáronse a través de webs de información relacionada con empresas de comercio electrónico. Os 29 estudantes que traballan na iniciativa organizaronse en grupos participando por turnos en todas as tarefas: a búsqueda de información inicial, a elaboración o proxecto de viabilidade, escoller a empresa que proporciona o servidor á tenda virtual e configurala para a posta en venda dos produtos... Os alumnos traballan en departamentos como nunha empresa real e os coordinadores tratan de que se aproxime á realidade o máximo posible. As redes sociais son de gran axuda para que trascenda a niveis máis amplos tendo en conta que a venda se fai en liña.