01 de junio de 2019
01.06.2019
La Opinión de A Coruña

Os alumnos do IES Agra do Orzán deseñan prototipos de instrumentos

Os participantes en 'Lanzadeiras Coruña' do centro amosan como aplicar a tecnoloxía ao deseño de trebellos musicais

31.05.2019 | 21:00
Participantes na miniempresa do IES Agra do Orzán.

Os alumnos de 2º da ESO do IES Agra do Orzán participan no programa Lanzadeiras Coruña para recaudar fondos para unha actividade de fin de curso. E fano a través da cooperativa Agra-Re que aglutina ás empresas creadas na aula taller de Tecnoloxía. No proxecto traballan o departamento de Formación e Orientación Laboral (FOL) e os alumnos de 2º de ESO de Música e de Tecnoloxía. Tamén contan. Dende Tecnoloxía os alumnos traballan, na produción e construción de prototipos „un agasallo e un instrumento„ con material reutilizado. Os alumnos de Música desenvolven a parte técnica da musicalidade dos trebellos. Para ampliar os coñecementos houbo un taller co multiinstrumentista Abraham Cupeiro; unha charla sobre Economía Circular e o uso dos Plásticos; ou unha visita ao Centro de Artesanía e Deseño (Centrad) para coñecer como traballan os luthieres e os instrumentos do Pórtico da Gloria. Para dar a coñecer a empresa no Instagram #Agra_R súbense as actividades e os prototipos. No blog de Ciencia do instituto tamén hai un apartado onde aparecen as novas no enlance https://agraciteblog.wordpress.com/agrarecicla-2/. Ao remate do curso farase unha feira para vender os prototipos.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
esquelasfunerarias.es