Borja, Fran, Made e Manuel, alumnos de 2º Curso do Ciclo Básico de Informática do IES Maximino Romero Lema de Zas coa axuda dos seus profesores Gonzalo de Castro-Acuña e Abel Crespo son os artífices de PiSolucións, a miniempresa coa que participan en Lanzadeiras Coruña. Tendo en conta a cantidade de ferramentas informáticas libres e gratuitas e as múltiples opcións no mercado hardware de minipcs, decidiron elaborar unha gama de produtos que solucione as necesidades de calquera empresa, sobre todo as itinerantes do sector servizos que participan en exposicións ou feiras, a un custo moi reducido. Todos os productos realízanse baixo o dispositivo Raspberry PI e usando software libre e gratuito. Trátase dun ordenador de baixo custo (All in One) que inclúa unha impresora de tickets con todo o software (con paquete ofimático, xestión de tickets, citas, stock e contabilidade) instalado e configurado. Tamén se ofrece un punto de almacenamento para a que a información que se manexa no negocio sexa accesible dende calquera lugar. Outro dos produtos é unha cámara web autónoma que permita vixiar calquer negocio, e orientado a pequenas explotacións gandeiras ou colmeas.