08 de junio de 2019
08.06.2019

Próteses personalizadas para personaxes en espectáculos

Alumnado do CIFP Someso deseñou bigotes, barbas, cellas e outros produtos personalizados para actores de teatro e cine

07.06.2019 | 22:36
Equipo de alumnas e docentes que integran a miniempresa do CIFP Someso.

O CIFP Someso da Coruña participou o ano pasado en Lanzadeiras Coruña con dous proxectos „BuggyMax e MaisQpezas„ e este ano na quinta edición participa de novo con SoStyle, unha miniempresa de fabricación de próteses (bigotes, barba, cellas...) para caracterizar personaxes en espectáculos de teatro, cine ou televisión. Os alumnos empregan técnicas de picado, de tecido e telar, entre outras artesanais e personalizadas, o que as distingue das estándar que hai no mercado. O alumnado do ciclo superior de 1º de Estilismo e Dirección de Peiteado encargouse da parte creativa e da confección divididos en grupos como nunha empresa con xefas e traballadoras de producción e comercial de compras. Ademais, contratan a xestoría XEI.SL aos integrantes do 1º de Estética Integral e Benestar, como responsables de recursos humanos, mentres que do control de calidade faríase cargo o grupo de 1º de Edificación Civil, ambos tamén de grado superior. Antes de embarcarse nesta aventura investigaron en produtoras audiovisuais e organizacións de teatro que había demanda destes produtos e unha vez deseñados voltaron a estas empresas cun taller para amosar a técnica.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
esquelasfunerarias.es