07 de julio de 2019
07.07.2019

"Hai cousas que resultan máis complicadas do que se ve desde fóra, pero non son inabarcables"

06.07.2019 | 23:40

Como leva o de ser alcaldesa?

Con normalidade. Eu xa me levantaba todos os días para ir a un despacho. Non me asusta a carga de traballo. Eu sabía perfectamente a que viña, o que supón ser alcaldesa e iso significa ser alcaldesa as 24 horas todos os días do ano. A miña vida persoal segue igual e espero que non cambie.

Sorprendeulle algunha cousa do Concello, como que soe o timbre cando entra ou que se cadren os policías ao vela?

O timbre xa non o escoito porque baixo pola outra escaleira xa que a principal está en obras pola vidrieira. Eu saúdo a todos os policías ao chegar e xa me vou afacendo.

Como está a ser o traspaso de poderes?

Cordial e totalmente colaborativo, agradezo aos concelleiros e concelleiras da Marea a dedicación para explicar como están as áreas, os proxectos, as ideas que tiñan... Un traspaso como ten que ser en democracia, cordial e transparente. O funcionariado tamén está na mesma liña.

Pensou que algo ía ser máis doado e non o foi ou sorprendeulle algo polo contrario?

A verdade é que, non sei se é porque me asustaron tanto antes de chegar, que non. Eu tomei posesión o sábado e o luns ás oito e media xa estaba aquí. Púxenme ao día rapidamente grazas ás traballadoras e os traballadores municipais. O Concello é unha máquina que non para. Hai cambios de Corporación cada catro anos e isto segue funcionando. Hai cousas que resultan máis complicadas do que se ve desde fóra, pero non son inabarcables.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
esquelasfunerarias.es