13 de julio de 2019
13.07.2019
ULTIMA HORA
El 70% de los participantes en la consulta de Podemos apoyan un gobierno de coalición integral

Os alumnos decidirán por primeira vez o destino de parte do gasto da Universidade

A Área de Cultura repartirá 20.000 euros entre as achegas á súa axenda de ocio

12.07.2019 | 20:28

Achegarse ao alumnado e animalo á participación é a nova meta da Universidade da Coruña (UDC), que escolle a cultura como eixo para salvar distancias cos seus estudantes. Faino a través dos Orzamentos Participativos, unha medida na que chama a toda a comunidade a facer propostas vinculadas ao ocio, e que servirán para configurar parte da súa axenda lúdica. A convocatoria estará aberta ata o 2 de agosto, e conta para repartir entre os proxectos cun total de 20.000 euros. Actividades coma festivais, curtametraxes e seminarios son algunhas das que poderán ter cabida durante o próximo curso baixo o seu paraugas, que persegue que sexan as aulas as que collan pulo e tomen o mando.

"Queremos que a universidade non sexa só o sitio onde examinarse. Aquí hai centos de oportunidades para facer cousas, e o que pretendemos é que os alumnos sexan conscientes e as aproveiten ao máximo", explica a adxunta de Cultura da Vicerreitoría de Estudantes, Araceli Serantes. A súa área convértese no laboratorio no que a UDC probará por primeira vez este xeito de relacionarse cos estudantes, a cuxos gustos quere adaptarse. A institución abre esta vía fronte á falta de resposta dos máis novos á súa oferta de ocio, hoxe "un pouco invisible", e agarda xerar "sinerxías" para dar pé a "axendas máis potentes".

Os estudantes son "o público obxectivo" da medida, pero a chamada acada a toda a comunidade universitaria. Poderá participar nela o persoal docente, administrativo e de servizos, así como o de investigación, que recibirán un máximo de 4.000 euros por proposta ata fin de fondos. Dos proxectos, dirixidos á Extensión Universitaria, ponderaranse aspectos como o seu "realismo", innovación ou a súa adaptación as persoas con diversidade funcional. A primeira criba correrá a cargo dunha Comisión de Avaliación, e a segunda virá da man da plataforma UDCDecide, na que os adscritos ao centro poderán votar ata o 13 de setembro as actividades que lles resulten máis atractivas.

A área de Cultura non quere poñer portas ao campo. "Imos moi abertos a ver que nos propoñen, a filosofía é non dicir que non", sinala Serantes, para a que os Orzamentos Participativos son un xeito de "facer unha xestión transparente dos recursos da UDC" e evitar que se asignen "a dedo". Concertos e proxectos audiovisuais e vinculados ás novas tecnoloxías son algúns dos perfís agardados pola institución. Os máis votados "irán para adiante", pero o resto non quedarán nun caixón, senón que buscaranse "vías para tratar de facelos realidade".

As actividades terán lugar durante o primeiro cuadrimestre do curso, tanto no campus da Coruña como no de Ferrol, e na Normal, un espazo clave para o ocio da UDC. A Universidade inicia nesta rama a súa convocatoria por ser a máis "sinxela" para conectar cos estudantes, que non saben o respaldo que poden ter as súas ideas.

Explica Serantes que antes "había espazos de encontro" pero que, agora, "o alumnado nin sequera sabe que existe Cultura". A responsable agarda que esta experiencia mude as tornas e "sexa tan positiva" como para continuar, sorteando o obstáculo que suporá en decembro o cambio de equipo no Reitorado.

A entidade remarca tamén o seu desexo de que os Orzamentos Participativos se expandan. Afirma que o compromiso "é que todos os departamentos dependentes de Extensión Universitaria sigan un modelo similar", e sinala a área de Deportes como próxima meta.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Selectividad 2018 A Coruña

Aprobados Selectividad A Coruña 2019

Consulta aquí toda la información sobre las pruebas de acceso a la Universidad: notas de corte, resultados y noticias


esquelasfunerarias.es