23 de noviembre de 2019
23.11.2019
La Opinión de A Coruña
Xosé Antonio Touriñán, actor, humorista e presentador

"Agardo que hoxe tamén se prendan as luces do Deportivo en Riazor "

O recoñecido actor e humorista, Xosé Antonio Touriñán, natural de Carral, será o padriño da cerimonia de acender a iluminación do centro comercial Marineda City o próximo xoves 28

22.11.2019 | 22:25
"Agardo que hoxe tamén se prendan as luces do Deportivo en Riazor "

O recoñecido actor e humorista, Xosé Antonio Touriñán, natural de Carral, será o padriño da cerimonia de acender a iluminación do centro comercial Marineda City o próximo xoves 28 de novembro. O presentador recibirá o Nadal con Fulgor, un show cargado de humor no que interpretará un monólogo creado para a ocasión e aberto ao público.

Vai ser o encargado de prender as luces de Marineda. De aquí a prender as de Vigo hai un só paso?

Ao final é darlle a un botón, aquí e en Vigo. Porque queiran facelo máis grande non ten que ser máis difícil. Luces podes poñer as que queiras, pero Marineda só hai un.

Pode dar un pequeno adianto sobre de que vai tratar o seu monólogo en Fulgor?

Falarei do Nadal e de como os coruñeses o vivimos diferente a como o viven en Ferrol, Vigo, Lugo e no resto de Galicia. Non terei tempo de falar de todo, pero centrareime nos tópicos. Aproveitarei tamén para recomendar moderación nas festas.

Agarda que as luces de Nadal guien ao Dépor cara unha recuperación?

Espero que o encendido das luces do Dépor sexa antes que o das luces do Marineda. É máis, agardo que o sábado tamén se prendan as luces do equipo en Riazor. E senón pedireille a Papá Noel e aos Reis, que nos traían o que necesitamos para arrincar, que é tranquilidade, porque senón non van saír as cousas. Os xogadores son os que nos teñen que sacar disto, e temos que estar a tope con eles. E tamén pido sorte, que é moi necesaria.

Botando unha ollada ao pasado e facendo un balance do ano, como foi o 2019 para Touriñán?

Para min foi espectacular. Parece que cada ano que pasa é mellor que o anterior. Levo uns anos a nivel profesional que mellor non pode ir, e a nivel persoal tamén estou encantadísimo con todo o que teño. Non podo queixarme, o 2019 foi marabilloso.

Entre tantos proxectos e traballos, tivo tempo a botar de menos Land Rober? Volvería?

Claro que o boto de menos, pero non creo que volva. Foi unha época espectacular, moi chula e bonita, pero isto é un camiño no que vas abrindo e pechando portas, e agora terán que vir cousas novas. O pasei moi ben, pero o tempo do Land Rober xa pasou.

Despois de tanto tempo sen parar de traballar, o Nadal traerá unhas merecidas vacacións.

Bueno, a medias. Teño máis vacacións na casa, pero hai dúas ou tres cousas ahí pechadas para facer. Por agora, a cousa preséntase tranquila.

Como está a vivir o éxito nos teatros de Fariña?

Está sendo unha cousa máis grande do que podiamos pensar. A estrea na Coruña foi un exitazo, con catro cheos no Colón, e a resposta do público non puido ser máis grande. Acabamos de facer unha función en Vigo, e foi un éxtasis, algo que nunca vivira nun teatro. Convidamos ás nais de Érguete, e encantoulles. Considerárona unha homenaxe a todos os fillos e fillas que perderon, e moitos dos que lograron saír estaban alí tamén. Foi moi emocionante.

Un dos retos que presenta Fariña é que ten que encarnar a moitos personaxes.

Levo cambiando de careta dende que empecei nisto. Facer unha chea de personaxes nun espectáculo divírteme máis que facer un, e como o método xa o coñecía é un disfrute subir ao escenario con Fariña. A xente pásao moi ben, pero nós tamén. Neste caso, o protagonista de Fariña é a sociedade, e por iso tratamos de presentar unha mostra de todos os que formaron parte desta parte tan fea da nosa historia. Poñemos un espello diante do público para preguntarlles: e vós, seríades dos que descargan caixas ou dos que berran aos delincuentes?

Como actor, quédase co teatro ou coa televisión?

Escollemos esta profesión para estar cambiando constantemente e non amoldarnos a nada. Non podería escoller. A gran diferencia é que na tele todo é máis inmediato, todo se fai con máis présa. En Fariña, o traballo de ensaios levou máis de dous meses. No teatro non hai tanta présa, polo que da máis tempo a disfrutar.

Hai algún propósito que se repita ano tras ano e nunca cumpra?

O de sempre. O inglés, ir ao ximnasio... A este último, aínda que son moi vago, vou algunhas veces ao ano. Pero o meu propósito principal é o de ter máis tempo para a xente que o merece. É difícil, porque o meu traballo gústame moito e cústame dicir que non.

A nivel profesional, que lle pide ao Ano Novo?

Seguir disfrutando con todo o que me está pasando. Soamente espero traballar xunto a xente coa que podo aprender e divertirme.

Que mensaxe lanzaría aos coruñeses polo Nadal?

Forza Dépor, e que riamos máis. Que nos relaxemos e disfrutemos, que na vida non vale a pena estar amargado.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
esquelasfunerarias.es