Como avalía estes catro anos?

Negativo, polos poucos avances que houbo e porque se usou á Xunta de xeito partidista para dinamitar proxectos de Marea.

A intermodal e o centro de de Santa Lucía estarían entre eles?

Fundamentalmente si. As intermodais teñen unha xestión complexa, pero foi o Goberno galego quen empregouno como ariete contra a Marea Atlántica. Agardemos que agora se faga canto antes e satisfactoriamente para a cidadanía.

Como ve as perspectivas electorais?

Vai haber un cambio en Galicia, e A Coruña vai ser un puntal para iso.

Que opina do protocolo asinado pola Xunta sobre os peiraos interiores?

Feijóo actuou deslealmente co Concello, e no protocolo mantivo a posibilidade de privatizar para construír, algo que non é capaz de soster nin o PP, que mudou de posicións ao perder o goberno no Estado.

Cre que se deberon destinar partidas ao saneamento da ría?

Levamos anos reclamándoo. A parálise foi evidente, por parte da Xunta e o PP cando estivo no goberno en Madrid. Isto cansa un pouco: eleccións tras eleccións, os debates da área da Coruña parecen ser o día da marmota. Estamos falando sempre das mesmas cuestións, e parece que non se dá avanzado, como a liña ferroviaria Ferrol-A Coruña.

Que opina da ampliación do Chuac?

A proposta adoece de falta de detalle, foi un anuncio electoralista. Hai que definila moito máis e dar á xente un trato conforme á lei, digno e transparente.

Cre que a Xunta debeu definir a área do BIC das murallas da cidade?

Totalmente. A Xunta non está asumindo as súas responsabilidades. Compételle delimitar o ámbito do BIC, como na cova de Eirós, e o seu deixamento está facilitando que as fincas da Maestranza non sexan da Coruña e uso público.