Artigo 14 é a primeira cooperativa xurídica que se constituíu en Galicia. As súas socias contan que "traballan para aproximar o ordenamento xurídico ás persoas, tratando de explicar de forma comprensible as posibilidades que lles asisten". A súa socia Eva Rosende é experta en tarxetas de crédito revolving, área na que ten representado a múltiples persoas afectadas: "No ano 2015, vimos que persoas do noso entorno comezaron a ter problemas con estas revolving, pagaban e pagaban pero non vían que a súa débeda baixara. Estabamos estudiando a posibilidade de presentar unha demanda cando o Tribunal Supremo pronunciouse ó respecto, considerando que era usura a aplicación dun 24% TAE. Foi cando presentamos as primeiras", explica e engade: "Despois de simular cantos anos tardaría a nosa primeira clienta en cancelar a súa débeda, comprobamos que: por 8.800 euros que gastara coa tarxeta en 8 anos, pagando o 3% da débeda, a tería cancelada no ano 2035 (dende o 2007) e tería abonado máis de 20.0000 euros, dos que 12.000 serían xuros. Pagaría máis en xuros que o principal disposto. Estimouse a demanda e devolveron á clienta todo o importe pagado en intereses", relata sobre o que considera "o caso máis grave dos últimos anos" en Dereito Bancario e sobre o que acaba de voltar a pronunciarse o Supremo: "Esperamos que esta nova sentenza dando a razón de novo a titular da tarxeta dote de uniformidade as próximas resolucions xudiciais na materia".