08 de marzo de 2020
08.03.2020
Avia Veira

"Que o parque do Agra sexa zona verde é unha necesidade social e ambiental"

"Se se merca edificabilidade, o BNG non ten problema en sentarse co Goberno local e ver de onde se sacan cartos para indemnizar"

07.03.2020 | 22:33
"Que o parque do Agra sexa zona verde é unha necesidade social e ambiental"

O BNG e Marea Atlántica foron os grupos municipais que rexeitaron no último pleno a proposta de cambio urbanístico do Goberno local para establecer a distribución de edificios e zonas verdes no parque do Agra. Os nacionalistas sempre deron o seu apoio aos veciños, que non aceptan outra cousa que non sexa a eliminación total de construcións no ámbito. Avia Veira, edil do BNG, pídelle ao Concello que opte por mercar edificabilidade aínda que teña que responder o PSOE con altas compensacións económicas aos donos de terreos edificables na zona.

Dixo no pleno que a proposta do PSOE melloraba á de Marea pero non era suficiente. Ata onde unha nova mellora no deseño do ámbito sería suficiente?

O BNG considerará sempre insuficiente unha proposta urbanística que recolla algún tipo de edificación no parque do Agra. É un espazo único no barrio onde pode haber zonas verdes, non haberá outro. Que todo o parque sexa área verde é unha necesidade social e ambiental.

Dialogar, negociar... Por onde pasan as vías de solución?

Dixemos dúas alternativas que se poden e deben estudar o Goberno e os técnicos municipais, sobre todo porque hai uns obxectivos de desenvolvemento sostible aprobadas pola ONU e unha axenda urbana tamén aprobada pola Xunta de Goberno Local e polo pleno que di que hai que aproveitar os metros cadrados de zona verde. Unha vía é a transferencia de edificabilidade a outras zonas da cidade e outra é a adquisición de edificabilidade aos propietarios dos terreos. Isto tense que estudar e nós sabemos que o Concello ten capacidade económica para facelo.

Pregúntalle a alcaldesa ao BNG e a Marea de onde debe entón recortar os 15 millóns de euros para pagar as indemnizacións que debe pagar se merca edificabilidade. De onde pensa vostede?

O Concello ten capacidade de endebedamento. Non tería que pagar todo nun mesmo ano, e o desembolso non se produciría todo neste ano, posto que a modificación urbanística vai levar o seu tempo. Nós non temos problema en sentarnos e ver de onde se sacan os cartos para indemnizar, por iso non vai quedar. Repito que falamos dunha necesidade ambiental e social, e que nós pensamos que é unha necesidade que no polígono todo o espazo se aproveite para zona verde.

Escoita o Goberno local aos veciños, aínda que non poda satisfacer as súas demandas?

Isto non é unha cuestión semántica de se se escoita ou entenden as reclamacións da veciñanza. Aos veciños hai que escoitalos e atendelos. E cando neste caso teñen razón, con argumentos de peso enriba da mesa que avalan as súas reivindicacións históricas, hai que ver se o Goberno local cre nun desenvolvemento sostible e se a alcaldesa quere, como di, unha cidade que loite contra o cambio climático. Construír máis e sobre zona verde é o contrario, é acentuar os problemas dun barrio con contaminación e ruídos, con moi alta densidade de poboación.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

BEcontent


"Viaxa mañá", Rías Baixas te espera

No te pierdas el emotivo mensaje con el que la Deputación de Pontevedra se dirige a los amantes de la provincia: "Trabajamos para que puedas volver lo antes posible; lo vamos a celebrar como nunca"

esquelasfunerarias.es