O comercio de Encarnación Jorge eríxese nunha das urbanizacións do barrio de Elviña, integrada por "moita xente nova que chegaba á casa pola noite xa coa compra feita". Agora, coa maioría das tendas pechadas e as actividades a medio gas, a Charcutería Frutería Panadería Chris debuxouse para eses mozos coma unha opción. No seu local son todo luvas e máscaras, e iso, aseguran, xera "máis confianza" nos clientes. Porén, Jorge desconfía do impacto real que a corentena terá nos pequenos negocios, e opina que "logo do coronavirus volverá todo ao de antes, ou peor pola crise" económica.