"As poucas clases de educación sexual céntranse en parellas hetero"
Gonzalo Alcalá-Zamora, estudante gay, avoga pola obrigatoriedade de formar en diversidade e por dotar de medios aos docentes

O estudante Gonzalo Alcalá-Zamora. / // Víctor Echave
M.O.M. | A CORUÑA
Gonzalo Alcalá-Zamora, estudante de bacharelato de 17 anos, ten sorte: o seu entorno educativo nunca respondeu de xeito negativo á súa homosexualidade. Sábese afortunado, en contraposición á situación que viven moitos e moitas estudantes do colectivo, que se ven obrigados a ocultar a súa condición ou identidade por medo a ser tratados diferente, ou mesmo maltratados, polos seus compañeiros. "Non me estrañaría nada que un neno sufrira bullying na escola por ser trans ou gay, porque é algo que non se explica, do que non se fala, e a xente pode reaccionar de forma equivocada por descoñecemento", reflexiona.
O principal problema, ao seu ver, é a falta de información con respecto á realidade do colectivo Lgtbi, que provoca que milleiros de nenos e nenas crezan avergoñados do que son, ao sentir que non encaixan na norma imposta. "Cando es máis novo, ninguén che explica nada. As poucas clases de educación sexual que hai céntranse en parellas heterosexuais, e non en persoas diferentes. Moitos nenos e nenas non entenden por que son distintos", expón.
É por iso que agradece á Rede Educativa de Apoio Lgtbi que poña a súa parte para solventar esa deficiencia educativa, misión para a que pide medios e compromiso. "A maior parte das veces estas iniciativas son voluntarias, non dispoñen de recursos, os docentes teñen que explicar as cousas no seu tempo libre", denuncia. "As charlas terían que ser obrigatorias, hai que ensinar aos nenos, canto antes mellor, que hai que respectar a todo o mundo e que todos e todas somos válidas".
- Nuevo rescate de una persona en el paseo marítimo de A Coruña
- Piqué y el Andorra celebran su ascenso a LaLiga Hypermotion en A Coruña
- Gerard Piqué, de comida en el restaurante Pablo Gallego de A Coruña para celebrar el ascenso del Andorra
- Una mujer resulta herida tras caer a las vías ferroviarias en Casablanca, en A Coruña
- San Juan A Coruña 2025: Cuenta atrás para las hogueras
- Usuarios de tren de A Coruña reaccionan al fin del abono gratuito: «Me planteo volver a coger el coche»
- Esta pulpería en el corazón de A Coruña tiene más de 50 años y conserva la esencia de las casas de comida gallegas
- Ingeniería Informática, la joya que tira de la Universidade da Coruña