"Hai que falar do tema nas escolas, é onde pasan a maior parte do día"
O profesor François Davo aposta por rachar cos roles de xénero nas aulas e por implicar ás familias na formación en diversidade

O profesor François Davo coa sua familia. / // La Opinión
Marta Otero | A Coruña
Nas aulas de francés de François Davo non existen os roles de xénero. El, filólogo escritor e poeta, sabe mellor que ninguén da importancia da linguaxe como vieiro para mudar realidades inxustas, un compromiso que tenta pór en práctica nas aulas do centro Agra de Orzán, onde imparte docencia. Ostenta, como mestre e pai de familia, unha dobre responsabilidade: a de educar e formar dentro e fóra do colexio, en clase e na casa.
"Hai que empezar por non dicir pais e profesores cando hai máis nais e profesoras, e non presupor o xénero de cada quen. Así evitas ferir ao alumnado trans", propón. Na casa, o mesmo: a verba 'maricón' non se usa como insulto. O seu fillo e a súa filla sábeno. "A maior está moi comprometida, e o pequeno, que está en primaria, empeza a interesarse polo tema", comenta.
É da opinión de que nas aulas hai moito que cambiar, empezando polos estereotipos, moi presentes aínda nos libros de texto. O gran reto, a visibilidade. "Se non falamos do tema o estamos invisibilizando, hai que falar disto nas escolas, que é onde pasan a maior parte do día", sinala. É consciente, porén, de que non basta a acción dos docentes para acadar a transformación, polo que aposta por formar e implicar ás familias nos procesos:"É a nosa obriga como educadores, non somos mellores que ninguén, no seu día tamén tivemos prexuízos. Cando un neno ou nena sae do armario, o fai con avoas, pais, cuñados...o papel da familia é importantísimo".
- Cristina Paz, la mejor nota de la PAU en A Coruña y tercera en Galicia: 'Fui muy nerviosa pero salió muy bien
- Detenido por matar a su pareja a puñaladas en la Sagrada Familia
- Norma Duval visita A Coruña acompañada de su anfitrión David Perdomo
- El Salvador de Madariaga es el centro con la mejor nota media: 7,487
- A la venta por 145.000 euros un estudio con piscina en Labañou
- El proyecto de 135 pisos en Adoratrices, en A Coruña, bloqueado hasta abrir el parque del Agra
- Las nuevas ayudas al transporte del Estado en A Coruña: rebaja a BiciCoruña y bus gratis hasta los 15
- Sammy Pet Café: un local para todos los paladares y hocicos en A Coruña