Que hai que facer para evitar a desaparición de empresas na comarca coruñesa?

Hai que atendelas, porque en moitos casos son absolutamente viables e o único que fai o PP é aspirar a vendelas. Hai unha vontade desmedida por asinar certificados de defunción das empresas, quérese converter isto nun ermo, nun campo sementado de terrazas. Temos que ter capacidade produtiva dos nosos sectores, que son moi ricos, e hai que axudalos a mellorar, no torpedear as súas liñas de flotación dende unha administración que sempre quere estar un paso atrás da súa sociedade.

Habería que nacionalizar Alu Ibérica, a antiga Alcoa?

Non hai outra opción. Non perdamos de vista que foi unha empresa pública, das moitas que tiñamos e fomos perdendo polo camiño. Non se entende por que dá tanto medo e porque se segue teimando que a intervención pública non é o camiño, cando vemos que se acaba de facer en Alemaña e no Reino Unido.

A Xunta ten a chave para a creación da área metropolitana pero semella que non lle deu o impulso necesario.

Falta impulso porque falta a base que significa ter un proxecto propio de país e por tanto esa fortaleza para chegar a acordos. Todo aquilo que axude a avanzar unha área metropolitana ten que levar o aval de todas as administracións para que saia adiante.