Manuel Villaverde Domínguez leva 35 anos "suando a camiseta" para levar adiante o seu pub Área Crítica. Cando o fundou, porén, non agardaba que o nome remataría describindo a súa vida. Hoxe ten problemas para pagarlle os estudos á súa filla, porque ese diñeiro cobre agua, luz e aluguer dun local que non está a usar. Aos seus compañeiros xa lles comentou o que fará se a situación se agrava. "Antes de pechar, póñome en folga de fame na porta do bar. Se me van matar de fame, polo menos que o pobo o vexa".