A concelleira Avia Veira, do grupo municipal do BNG, rexistrou un rogo para o pleno do próximo 1 de outubro, para que o Goberno local promova o uso do galego no material informativo das entidades sociais, deportivas ou culturais coas que este asine convenios ou financie actividades. A formación propón que, no articulado dos convenios nominativos, "deberían figurar cláusulas lingüísticas" que axuden a garantizar o uso da lingua. A concelleira nacionalista defende que, no marco do Plan de Normalización Lingüística,está estipulado "que as administracións públicas, na súa relación coas cidadás e os cidadáns, empreguen en primeira instancia a lingua galega" e que sexa esta a usada "salvo que a persoa interlocutora dea sinais de preferir falar en castelán", unha práctica que, ao seu ver, "axudaría a desinhibir o galego".