Hai compenetración musical na unión artística entre as cantareiras Lilaina e Belém Tajes. Realizarán un concerto onde haberá referencias á rica tradición musical galega, mais tamén farán pezas que teñen ritmos de música americana.

Belém Tajes comeza agora unha carreira como solista despois de formar parte de Vudú e para a gala dos XIX Premios Opinión de Música de Raíz conta coa colaboración do trío Lilaina, formado polas irmáns Montero, para mesturar a tradición máis pura con conceptos musicais modernos.