Coca Cola dixitaliza a nova edición do seu Concurso de Novos Talentos de Relato Curto despois de doce anos de existencia. A dixitalización será na inscrición e na nova web, co fin de facilitar a participación dos máis mozos.

A apertura de inscricións xa se fixo o pasado 11 de novembro na web Fundación Coca-Cola, e rematará en febreiro. Nesta edición tamén participarán mozos de segundo e terceiro de ESO, que en dúas horas terán que crear un relato de calquera tema.