La plaza es más bella que miles de damas emperifolladas

Vladimir Maiakovski (poemas)

A recén exposición polo Concello do borrador inicial do proxecto de urbanización dos peiraos da cidade elaborado pola UDC non deixa de ser un proxecto aberto e polémico, que insiste nas liñas xerais e eivas xa plasmadas no PXOM, e nos convenios seguintes asinados polas diversas administraccións. Un tema do que nós vimos insistindo nas páxinas de LA OPINIÓN desde o ano 2015. Podería convertirse por si mesmo nun dos moitos proxectos urbanos sobre os peiraos da cidade elaborados ata agora, remítese a un xenérico acordo administrativo para resolver a débeda de 300 millóns de euros da Autoridade Portuaria, sin concretar a posíbel desafectación e propiedade dos solos portuarios mais aló da recuperación dos terreos despois de desafectados.

O proxecto da UDC si atina e aclara un principio fundamental para todo o proceso: a base non é quen ten a propiedade ou a desafectación dos terreos portuarios, o nudo gordiano son os usos dos espazos portuarios. Realmente é voltar a un plantexamento moi usado ata agora na nosa cidade: primeiro definimos o negocio e despois buscamos os cartos.

Cando se indica que o proxecto camiña a convertir a chamada Zona 1 en “centralidad y las características urbanas de los espacios públicos…” está a continuar coas directrices do actual PXOM mediante concesiones para usos privados, ainda que a propiedade dos terreos siga a ser pública. Dito, non é necesario vender os peiraos do centro da cidade, só con desafectalos xa poden ter alta rentabilidade con concesións privadas no seu uso... ¿E o resto dos cartos? Pois xa deixan caer que sairan no que resta do guion: da Zona 2, dos peiraos de Oza, película da que xa vimos o trailer, tamen no PXOM: desafectar, privatizar, vender e construir.

A seguinte interrogante tamén leva implícita a resposta nas declaracións dos responsables do Concello ao falar de “ consenso político e interinstitucional”. A senda aberta co proxecto do Concello é auspiciar un necesario pacto entre Concello e Goberno de España, ambos do PSOE, e o Goberno da Xunta e Autoridade Portuaria, ambos do PP, (aí o nomeamento dun novo xestor mais capaz e intelixente que Enrique Losada) para a conformación dunha entidade pública que conduza o proxecto. Esto permitiría asumir a débeda mediante a venda dos terreos de Oza, onde, lembramos, o PXOM proxecta miles de vivendas, centro comercial, etc. E aquí ven outra pregunta con resposta: por que Adif está a dar largas á posta en marcha ao tren a Langosteira? Pois porque en San Diego a antiga estación de mercadurías ten uns cantos miles de metros cadrados, moi apetecibles para negociar e edificar, e só ten que esperar ao vaciado dos peiraos de Oza.

A proposta da UDC non deixa de ser unha máis das presentadas deica agora, eso si, dirixida por un profesor de prestixio como é Carlos Nárdiz. Xa vimos como co Goberno municipal da Marea e nas Xornadas sobre o Bordo Litoral elaboráronse unha manchea de proxectos que hoxe durmen o limbo dos xustos. O da UDC non deixa de ser un proxecto máis, eso si, é o que ten detrás más carga política de todos.

O proxecto continúa coa mesma e repetida idea de “abrir a cidade ao mar” nos peiraos da chamada Zona 1, do centro da cidade. Sitúaa como unha continuidade da cidade da burguesía saída de finais do século XIX. Ampliacións dos Xardíns, paseos e mobilidade, espacios institucionais e espacios privados, potenciar un tráfico tan controvertido como é o de cruceiros, coser espacios portuarios coa cidade de hoteis, bancos, etc., o chamado ambiguamente “ usos polivalentes”. É como una sala de estar da cidade central , ampliando e consolidando os usos de esa centralidade, cidade de deseño propio para flanear, sen aportar nada novo o xa coñecido.

Realmente un modelo con pouca concordancia coas necesidades actuais para A Coruña: cidade metropolitana, descentralidade urbana cara os barrios, desenvolvemento armónico das periferias urbanas. O modelo do PXOM que sigue a UDC significa realmente una banalización do espazo público, a cidade central como identidade ciudadán e a perda de identidade dos barrios: a cidade central como símbolo do poder. Pero tamen é mais, o proxecto significa fundamentalmente un incremento de valor dunha mercaduría importante da cidade, revalorización do solo do espazo central, unha perfecta reproducción ampliada do capital en beneficio dos grupos económicos dominantes da cidade.

E a pesares das dúbidas sobre o futuro dos peiraos da parte media (Linares Rivas, Lonxa,etc.) e da ambiguedade respecto das actividades productivas a conservar ou desenvolver, nos deixa no misterio de cantos miles de pisos faranse en Oza, o tamaño do centro comercial, e cantos cartos reportará a edificación dun novo barrio en Oza. Realmente o negocio onde sairán os cartos para a débeda da Autoridade Portuaria, pluvalías netas para bancos e constructoras está en Oza. Se cadra ao Concello interesaría botarlle unha ollada as alegacións ao PXOM presentadas pola asociación veciñal Oza A Gaiteira Os Castros en 2004. Esencialmente nos puntos de non á venda dos espazos portuarios é negativa a edificar nos mesmos nunha cidade con 20.000 pisos baleiros e varios polígonos en marcha; usos cívicos e cidadáns cunha visión metropolitana; museo de actividades náuticas e pesqueiras; tráficos limpos e desenvolvemento dunha economía naval limpa, sostíbel e circular; racionalización dos espazos pesqueiros e a súa ampliación produtiva e inversión en I+D+i; estación cercanías de ferrocarril e marítima en San Diego… En definitiva, rachar coa continuidade dunha cidade neoliberal e especulativa, herdeira do PXOM de Francisco Vazquez. E sobre todo, unha participación veciñal aberta no deseño e desenvolvemento do proxecto.

A pesares das boas intencións sobre “mecanismo que permita a participación cidadá neste proxecto”, séguese a facer cidade ás costas dos cidadáns, sen compreder que a cidade é un espazo público e polo tanto un espazo político, e como tal ten que ser democrático. Non hai cidade posíble sen participación dos cidadáns, sen colaboración e debate, sen implicación civica aberta. E ata agora non hai mostras de todo isto.

A construcción das cidades é moi importante como para deixala só en mans dos políticos, urbanistas e profesionais.