O día de Rosalía de Castro celebrarase mañá diante do teatro que leva o seu nome na cidade, no número 37 da rúa Rego de Auga, cunha lectura pública dos seus textos.

O acto comenzará ás cinco da tarde e todas as persoas interesadas en ler algún dos textos da autora poderán solicitar a súa quenda a través do correo electrónico acab@mundo-r.com, da asociación Alexandre Bóveda, unha das entidades organizadoras desta lembranza en voz alta. No acto de celebración da vida e da obra de Rosalía participarán tamén Alba María e Queco Díaz, que farán un espectáculo de improvisación oral en diálogo coa obra da autora.

O día de Rosalía contará este ano co lema Teus doces cantares.