Cerimonia con concertos especiais
Os espectáculos en exclusiva e algunhas estreas musicais foron parte importante nos vinte anos de celebración da noite máis festiva para os músicos galegos de raíz

Guadi Galego presentou na gala o disco Benzón, gañador do premio ao mellor álbum. | // LO / Óscar Losada
Óscar Losada
Aínda que nas dez primeiras edicións dos PREMIOS OPINIÓN sempre actuaba na gala de entrega dos recoñecementos o artista do disco gañador sempre houbo unha vocación de ofrecer ao publico asistente algo diferente.
Na terceira edición produciuse a primeira estrea. Aquel 8 de outubro de 2004 supuxo a primeira aparición no palco do dúo Espido, formado por Guadi Galego e Guillerme Fernández, compoñentes de Berrogüetto. O seu traballo gozou do recoñecemento popular e tamén do xurado, posto que na seguinte edición o seu álbum foi elixido como a segunda mellor obra do ano.
Na seguinte gala viviuse outro momento que pretendía dar aos asistentes algo particular e subiron ao escenario para facer un recital conxunto os propios Espido canda Xabier Díaz e Nova Galega de Danza. O espectáculo realizado para conmemorar o trinta aniversario de Milladoiro foi unha boa mostra de que a idea de poder achegar un momento musical singular sempre estivo na mente dos organizadores.
Outra estrea tivo lugar na novena edición, na que Sonia Lebedynski deu o seu primeiro paso como solista nunha gala onde Guadi Galego realizou un concerto especial de Benzón, escollido mellor traballo discográfico. Era a segunda vez que presentaba en directo as pezas desa obra, que foron pensadas para disco e non tanto para levalas ao escenario.
Tamén foi na gala a segunda ocasión en que o grupo de zanfonas 8 Rodas fixo un concerto.
A partir do momento en que mudou a estrutura dos galardóns e xa non actuou o artista gañador, posto que o vencedor pasaba a coñecerse na gala, o concepto de ofrecer actuacións diferentes que non fosen doadas de contemplar para os espectadores noutros escenarios gañou aínda máis espazo.
Así naceu a banda Axada, unha formación creada en exclusiva para os premios e que actuou en dúas ocasións na gala. Nas seguintes edicións houbo cabida para propostas de todo tipo. Os dúos Susana Seivane-Rodrigo Romaní e Anxo Lorenzo-Germán Díaz actuaran moi pouco en público e tiveron ocasión de volver pisar un escenario conxuntamente polo convite realizado polos premios. Tamén apareceron como solistas o finado Narf e Anxo Pintos, que interpretou temas da banda sonora dun documental.
A edición máis emocional foi na que o conxunto lalinés Dhais volveu por un día aos escenarios para homenaxear a dous compañeiros falecidos nunha homenaxe que quedara pendente. A banda cambresa Sementeira realizou un concerto único ao tocar acompañada por un feixe de músico tradicionais. Na pasada edición, o trío Quinta San Vitorio subía por segunda vez aos escenarios para intervir na cerimonia e a solista Belém Tajes uniuse ao potente trío Lilaina para artellar un recital exclusivo.
MOMENTOS ESTELARES

Cerimonia con concertos especiais / Óscar Losada
O gaiteiro Anxo Lorenzo e o zanfonista Germán Díaz levaban tempo sen tocar xuntos e reapareceron para a gala.

Cerimonia con concertos especiais / Óscar Losada
Outros que levaban tempo sen pisar os escenarios. Para o grupo de zanfonistas foi a súa segunda actuación en público.

Cerimonia con concertos especiais / Óscar Losada
A primeira estrea oficial dos premios foi a do dúo Espido. Guadi Galego e Guillerme Fernández debutaron con este concerto.

Cerimonia con concertos especiais / Óscar Losada
A banda cambresa montou unha actuación especial coa axuda de Pedro Lamas e o fato de músicos tradicionais que o acompañaron.

Cerimonia con concertos especiais / Óscar Losada
O álbum Benzón non estaba pensado para os directos, mais a artista realizou dous concertos da obra e este foi un deles.

Cerimonia con concertos especiais / Óscar Losada
Dúas figuras da nosa música folk compartiron o seu bo gusto musical no eido do folk nun encontro propiciado polos premios.

Cerimonia con concertos especiais / Óscar Losada
Unha noite inesquecible. Á banda quedáralle pendente un concerto de despedida para os dous compañeiros que morreran.

Cerimonia con concertos especiais / Óscar Losada
A tradición pura das Lilaina uniuse á ductilidade sonora de Tajes para realizar unha actuación preparada especialmente para a gala.

Cerimonia con concertos especiais / Óscar Losada
O punto de saída da súa carreira foi nos premios. A que fora cantante de Fía na Roca veu acompañada polo acordeón de Xosé Lois Romero.

Cerimonia con concertos especiais / Óscar Losada
Trío que bota man de antigas composicións realizadas por mulleres. Este foi o seu segundo concerto, case unha estrea.

Cerimonia con concertos especiais / Óscar Losada
Anxo Pintos interpretou a banda sonora do documental Percebeiros e contou coa axuda vocal de Serxo Ces para rematar a actuación.
- Grupo Castro factura 35 millones y se expande desde A Coruña: “La farmacia de Cuatro Caminos vende más que nuestras ocho ópticas juntas”
- El Barrio de las Flores, el secreto mejor guardado de A Coruña: 'Es de los mejores vecindarios de la ciudad
- Adiós al asador de pollos de San Roque: el Concello de A Coruña inicia el desahucio de los locales de la atalaya de la plaza de España
- La rebaja en A Coruña a los hogares que reciclen será de hasta 63 euros al año: así se pide la reducción en el recibo de la basura
- El Concello de A Coruña investiga las «patologías» de los pilares que sostienen el paseo marítimo
- Arranca la obra del primer edificio que se construirá en San Pedro de Visma, en A Coruña, con 144 viviendas
- Así es la ruta de la cascarilla en A Coruña: 5 locales donde aún puedes disfrutar de este producto
- Don Pollo pide margen para desalojar la atalaya de San Roque en A Coruña: 'Nos avisaron con poco tiempo