Comezaron sendo un cuarteto clásico de clarinetes e por iso decidiron bautizarse como Cuarteto Caramuxo. Aínda que co paso dos anos engadiron dous compoñentes á formación, que tocan percusións e acordeón, decidiron manter o nome primixenio da formación.
Chamaron moito a atención con esa sonoridade característica que lle dan os clarinetes, posto que o público do folk non estaba afeito a escoitar ese tipo de instrumentos.