Harmoniosas e doces nas súas interpretacións, o cuarteto de arpas Lulavai dá un novo paso discográfico mantendo as esencias sonoras xa coñecidas polas obras anteriores.

Dende a saída do segundo álbum decidiron apostar máis por realizar composicións propias que por arranxar temas tradicionais para lle dar unha maior personalidade á banda. No seu repertorio combinan temas cantados e instrumentais.