O escritor e concelleiro da Marea Atlántica no concello da Coruña Alberto Lema resultou gañador da trixésimo terceira edición do premio de novela Manuel García Barros pola súa obra Pazo de Inverno. Así o fallou o xurado do certame, composto por Anxos Sumai, Carmen Ferreira, Carlos Lema, Armando Requeixo e Carlos Loureiro, en calidade de secretario. A obra foi seleccionada entre un total de 41 traballos presentados. Dela destacan a súa capacidade para recrear “unha ficción coas fías das loitas de poder. As esferas do empresarial, o político e o periodístico gandúxanse para tecer unha crónica de contraluces hipnóticas.”