É boa decisión mercar e repartir solo para garantir a titularidade pública dos peiraos?

Non diriamos tanto que é unha boa decisión coma que é unha boa alternativa. Non nos deixaremos de alegrar polo desbloqueo deste tema despois de tanto tempo de problemas. Mais é certo que hai que matizar que é unha mágoa que teñamos que pagar 20 millóns por terreos públicos. Isto é tamén un capítulo máis da maravillosa herdanza que deixou o vazquismo.

Vai apoiar que haxa unha partida orzamentaria para a adquisición deses terreos?

Non debatimos este asunto aínda, pero estou convencida de que Podemos non vai ser un obstáculo para a súa aprobación. Non somos un voto vinculante senón un voto simbólico, non basculamos para ningún lado. Outra cousa é que se nos ten que explicar como se vai sufragar, de onde se van a detraer fondos. Niso aínda non quero entrar.

Como se debe transformar o peirao de San Diego?

Na zona 1 de Batería e Calvo Sotelo hai unha grande oportunidade de desenvolver actividades de economía azul, que vai moito máis aló do pádel surf, como dixo a alcaldesa. É un espazo aberto a moitos usos. Na zona 2 de San Diego e Petroleiro insistimos en que nos negamos a que haxa unha especulación inmobiliaria salvaxe, porque a cidade xa sufriu bastante neste sentido durante anos.