O Concello da Coruña organiza durante o fin de semana e a ponte pola festividade do 1 de novembro, Día de Defuntos, un programa de actividades dirixidas a tódolos públicos. A continuación enumeramos tódalas propostas da programación municipal, tendo en conta que o Consistorio avisa de que, en caso de adversidades meteorolóxicas, haberá ubicacións alternativas e se informará a través das redes sociais do Concello:

 

Sábado 30 Outubro

  • 12:30. Contacontos: "Contos do Samaín": Pedro Brandariz. Parque de Oza (se chove, na cúpula de Eirís).
  • 10:15/ 11:30/ 13:00. Obradoiros do Samaín. Mercados Municipais: San Agustín, Elviña, Eusebio da Guarda; Monte Alto. 10:30; 11:25; 12:20. Centros Cívicos: Castrillón, Eirís, Labañou, Sagrada Familia, San Diego e Novo Mesoiro. Deberán presentar ticket de compra de comercios de barrio entre o día 15 e o 30 de outubro por un mínimo de 5€.
  • 12:00-16:00. Calloween (organiza por FUCC). Campo da Leña.
  • 17:00. Contaconto: "O Medo hai que entretelo" de Raquel Queizás. Campo da Leña (se chove, nos soportais do Concello).
  • 17:00-21:00. Pasarrúa Terrorífico. Zonas comerciais.
  • 21:00-23:00. Kilomberos Halloween. Pasarrúa Cidade Vella e Pescaría.

Domingo 31 Outubro

 

  • 11:30/12:30/13:30. Obradoiros de maxia: 'Truco ou trato'. Nenos e nenas de 8 a 12 anos. Kiko Pastur. Praza de María Pita. Sesións de 40 minutos, inscrición por orde de chegada ata cubrir o aforo. 12 prazas/obradoiro.
  • 12:30. Contacontos: "Contos de medo que deixan durmir" por A Trastenda dos Contos. Praza de As Conchiñas.
  • 17:00. Gala de Maxia do Samaín : 'Labirinto de ilusións' do Mago Román. Os Rosales - Praza Elíptica (se chove, nos soportais).
  • 17:30/18:30/19:30. Gala de Maxia do Samaín: Kaito, Xulio Merino, Alex Louzao, Román García e Kiko Pastur. Praza de María Pita.

 

Luns 1 Novembro

 

  • 11:30/12:30/13:30. Obradoiros de Maxia: 'Truco ou trato'. Nenos e nenas de 8 a 12 anos. Kiko Pastur. Praza de María Pita. Sesións de 40 minutos, inscrición por orde de chegada ata cubrir o aforo. 12 prazas/obradoiro.
  • 12:30. Gala da maxia: Mago Rafa. Praza de Vigo.
  • 12:00-14:00. Sesión Vermut: Kilomberos Halloween. Pasarrúa na rúa A Torre e arredores.
  • 17:00h. Gala da Maxia do Samaín: Mago Martín Camiña. Cúpula de Eirís.
  • 18:00. Gala da Maxia do Samaín: Kaito, Xulio Merino, Alex Louzao, Román García e Kiko Pastur. Praza de María Pita.
  • 19:00. Draco de Fogo, outros guerreiros do alén e a Organeta do Samaín. Pasarrúa pola avenida da Mariña.
  • 19:30. Concerto de Samain de Broken Peach. Praza de María Pita.
  • 20:45-21:00. Desfile Santa Compaña, lanzamento de globos de cabaza ao alén, con mensaxes personalizados. Praza de María Pita. O reparto de globos (de balde) realizarase dende as 18:00 na mesma praza.