Un libro para os que non teñen voz
Luzes edita ‘Fálame dos silenciados’, unha compilación das reportaxes do xornalista Pablo L. Orosa, falecido hai dous anos

Portada do libro ‘Fálame dos silenciados’, de Pablo L. Orosa. | // CEDIDA POR LUZES / Gemma malvido
Luzes presenta mañá o libro Fálame dos silenciados, unha compilación dos artigos que o xornalista Pablo L. Orosa (Oza dos Ríos, 1985-2019) escribiu nos seus catro derradeiros anos de vida, desde países de Europa, África, Asia e América. O título desta obra xoga co da súa novela, Fálame do silencio, que publicou no ano 2018. A presentación será mañá ás 12.00 horas, na fundación Luis Seoane.
A xornalista Cláudia Morán, que foi compañeira de Orosa, asegura que a idea naceu pouco tempo despois do seu pasamento, pero que non se puido facer realidade até o de agora. “Como membros do comité de redacción da revista Luzes, do que el tamén era membro, valorabamos moito o seu traballo de coller un avión, de ir a un país africano a sacar temas, de facer historias moi humanas e de poñer el a súa axenda para non facer o mesmo ca todos. É un xornalismo que case non existe hoxe en día e facíao nunhas condicións moi precarias”, relata Morán, porque moitas destas viaxes “saían do seu peto”, a costa de facer traballos que non lle gustaban tanto, pero que lle permitían aforrar.
Xosé Manuel Pereiro, codirector da revista Luzes, lembra que este tipo de xornalismo só se pode facer “con cartos ou con tempo” e, como Pablo diñeiro non tiña, investía moitos días da súa vida en coñecer os países aos que viaxaba, en mesturarse coa súa xente, en saber da súa gastronomía e en escoitar todo o que o demais lle tiñan que contar. Entón chegaba a outra parte, a de intentar sacarlle proveito a todo ese traballo e, por iso, tiña que facer varias pezas sobre o mesmo tema, para intentar vender os artigos en medios diferentes e poder amortizar a viaxe. E ese traballo de unión de textos, de tradución ao galego e de homoxeneización da linguaxe foi o que fixeron Pereiro e Morán nestes meses, xa que as súas reportaxes foron publicadas en medios internacionais e estatais. Ademais da “familia de Luzes”, como indica Morán, na edición deste libro participaron os xornalistas Queralt Castillo e Miguel Fernández, que compañeiros e amigos de Pablo e que, a falta de poder sacar adiante o proxecto que tiñan os tres xuntos, colaboran nesta compilación da obra de López Orosa, que traballou na sección de local de LA OPINIÓN no ano 2018.
Morán e Pereiro concordan en que Fálame dos silenciados é un libro non só para lembrar a escrita de Orosa, senón tamén para todos aqueles que queiran coñecer o oficio do xornalista freelance que percorre o mundo contando historias. “Hai reflexións súas na revista Luzes sobre como é esta profesión, como se desenvolve, cal é a realidade, que non hai que romantizala e a palabra precariedade, que sempre está aí. El, ademais, aínda que facía xornalismo internacional sempre tiña Galicia no centro”, relata Morán.
Pereiro, ademais, destaca que, a pesar de ter toda esta bagaxe internacional sempre era o primeiro en botar unha man cando había que facer tarefas ingratas, como transcribir unha entrevista ou darlle forma a unhas ideas inconexas e por como lle daba voz a quen non a tiña.
- Una librera de A Coruña estalla tras sufrir la estafa de este autor: 'Non vas ver un céntimo
- El Concello de A Coruña detecta 'daños estructurales' en la pasarela entre las estaciones
- Esta es la línea de bus que más emplean los jóvenes de A Coruña, y no es la de Marineda
- Cooperativistas de Xuxán: «Este es un modelo fallido, somos prestamistas de la Xunta»
- Así eran los escaparates de Zara en los inicios del imperio Inditex: Gallinas vivas y el niño que salió corriendo con un conejo
- Xunta y Concello de A Coruña postergan la negociación sobre la terminal de bus a abrir la intermodal
- Un concierto anunciado por el Concello en Riazor abre otro frente con el Dépor
- Y Moncho volvió al Lautrec