O Pazo da Ópera podería ter os días contados. É a ameaza da cantante Ses, que o vindeiro domingo ofrece na Coruña un dos seus esperados recitais. A artista colgou nas súas redes sociais un vídeo de como se está a preparar para o concerto.“Vémonos o domingo doce de decembro no Pazo da Ópera da Coruña. E despois diso non vai a haber máis concertos porque o imos a queimar”, di para despedirse. Nótase que é unha data especial para Ses, que nas derradeiras semanas e días escribiu tamén que está desexando que chegue o día: “Vai haber momentos ben bonitos, iso prométovolo. Como diría miña avoa: ‘Fálteme dios se minto”.