Año nuevo, mismos deseos; o muy parecidos. A la salud (más necesaria que nunca desde que el COVID es compañía diaria en la vida de las personas desde marzo de 2020), la seguridad y el trabajo que figuran cada 1 de enero en lo alto de las listas de aspiraciones, retos y deseos de todo un año, los cargos públicos que representan a los coruñeses de la ciudad y la comarca añaden los particulares propósitos que sus instituciones persiguen. Algunos son recurrentes, se repiten desde hace poco o mucho tiempo y ahora toman nuevos impulsos antes de sus desarrollos determinantes o de sus culminaciones; otros son proyectos más frescos que necesitan del empuje de más de una administración. Cada una habla por sí misma sin dejar de apelar a las demás en busca de ayuda o como fórmula de reproche.

El acceso ferroviario al puerto exterior, la regeneración de la ría de O Burgo, la Ciudad de las TIC, la reforma de Alfonso Molina y el avance de otras infraestructuras son deseos comunes. Representantes del Gobierno central, provincial y local, así como de instituciones como el Puerto y la Universidad aluden a estos fines como lo han hecho en los últimos años.

Se apela también a conceptos más genéricos: igualdad, prosperidad, acción social, reactivación económica, sostenibilidad, eficiencia energética... lugares comunes en cada cambio de año que requieren de voluntades unidas que los intereses partidistas con frecuencia desvirtúan.

José Manuel Miñones, Delegado del Gobierno en Galicia XOAN ALVAREZ

José Miñones, delegado del Gobierno en Galicia: “Los compromisos del Gobierno pasaron de la lista de deseos a la de las realidades”

Tradicionalmente recibimos el año nuevo con una larga lista de deseos por cumplir. En el caso de A Coruña y su comarca, fruto del compromiso del Gobierno de Pedro Sánchez, la mayoría de esos deseos son ya realidades que permitirán impulsar el bienestar y progreso de la ciudad y su área.

En apenas tres años, y a pesar de tener que hacer frente a una pandemia que aún sufrimos, el Gobierno de España ha sido capaz de sacar adelante grandes infraestructuras y proyectos estratégicos que durante años, por no decir décadas, se repetían en esa lista de deseos sin llegar a concretarse.

Ahora sí. Empezando por la cesión de la fábrica de armas para hacer posible la Ciudad de las TIC, han sido importantes las realidades que hemos concretado. El inicio de la remodelación de Lavedra, dando continuidad a las obras de Sol y Mar. Las obras de mejora del aeropuerto. La llegada del AVE y una histórica rebaja de peajes en la AP-9.

La regeneración de la ría de O Burgo, por fin. Y la inversión comprometida para el enlace ferroviario del puerto exterior. La recuperación del pazo de Meirás, así como el escudo social que hemos levantado para hacer frente a la crisis. Son algunos de los principales compromisos del Gobierno que han pasado de la lista de deseos a la de realidades.

Hemos cumplido buena parte de los deseos gracias al compromiso inversor de este Gobierno. Ahora, tenemos nuevas metas para este año que se resumen en dos. Por un lado, seguir avanzando en la lucha contra la pandemia, en la defensa de la salud y la vida. Y por otro lado, aprovechar la oportunidad sin precedentes que supone la inyección económica del Plan de Recuperación, para transformar A Coruña y su comarca en una área pujante económica y socialmente. Para ello trabajamos desde ya.

Inés Rey, alcaldesa da Coruña CARLOS PARDELLAS

Inés Rey, alcaldesa da Coruña: “Desexamos consolidar unha cidade igualitaria, segura e próspera”

O 2022 ten que ser o ano da recuperación económica e social, da apertura ao mar desta cidade coa licitación do tren a Langosteira, o ano no que as coruñesas e os coruñeses recuperen o acceso aos peiraos e no que a nosa cidade sexa de novo referente das grandes citas nacionais e internacionais da música e da cultura. 

2022 será o ano en que A Coruña volva ser un destino turístico de primeiro nivel en Europa co despegue de Alvedro, o ano do impulso definitivo á cidade das TIC e aos sectores estratéxicos avanzando cara un modelo produtivo que teña máis en conta ás persoas e que potencie a I+D+i .

Este 2022 debe ser tamén o ano da consolidación do modelo de cidade que estamos a construír, unha cidade máis amable, accesible, habitable e acolledora para as persoas. Con máis espazos peonís para os cidadáns, máis verde, máis sostible social e medioambientalmente, unha cidade con servizos e equipamentos en todos os barrios e que coide e protexa o seu patrimonio e os seus sinais de identidade. Unha cidade que poida recuperar o lugar que lle corresponde como cidade de vangarda que sempre ten sido. 

E 2022 ten que ser tamén o ano da igualdade, no que seguiremos apostando porque as mulleres ocupen o lugar que lles corresponde e no que seguiremos loitando pola igualdade de todos aqueles colectivos que, a día de hoxe seguen a ter barreiras para poder desenvolver unha vida plena na nosa sociedade. 

Un ano no que por fin podamos dar por superada a pandemia e centrar os nosos esforzos en consolidar unha cidade igualitaria, segura e próspera.

Valentín González Formoso, presidente da Deputación da Coruña TORRECILLA

Valentín González Formoso, presidente da Deputación da Coruña:  “A nosa acción social non vai deixar a ninguén atrás” 

Rematamos 2021, un ano de cambios e incertidumes que estivo marcado, unha vez máis, pola pandemia da COVID-19. 

O virus segue moi presente no noso día a día, pero a vacina salva vidas e abre un ansiado horizonte de esperanza de cara á recuperación social e económica, o principal reto que temos por diante. 

No ano que comeza, A Coruña e a súa área metropolitana deberán comezar a afrontar a posta en marcha de proxectos decisivos para o futuro desta comarca. Proxectos que necesitan da implicación e o traballo conxunto das institucións e da sociedade.

O novo Chuac, a reforma da fachada marítima, a licitación das obras da estación intermodal coruñesa, o avance do dragado da ría do Burgo, a conexión ferroviaria co porto exterior, a extensión do AVE, a posta en marcha da cidade das TIC… son moitos os asuntos estratéxicos para esta comarca que comezarán a tomar forma nos vindeiros meses, perfilando as liñas mestras de como será A Coruña do futuro. 

Desde a Deputación da Coruña seguiremos traballando e colaborando co resto de administracións para construír unha provincia con mellores infraestruturas, máis sostible e mellor conectada, con servizos públicos de calidade tanto no rural como nas áreas urbanas, máis solidaria e con máis oportunidades para todos e todas.

En 2022, a acción da Deputación estará centrada na reactivación económica, a creación de emprego e o reforzo de todos programas de protección social que a Deputación presta nos para impulsar unha recuperación xusta, para non deixar a ninguén atrás na saída desta crise. 

Unha acción social que vai permitir contratar a 180 profesionais do eido social nos concellos coruñeses, financiar máis de 370.000 horas de axuda no fogar para os nosos maiores e dependentes, apoiar a importante labor social que desenvolven centos de entidades da provincia, reforzar os servizos de loita e protección contra a violencia machista ou acompañar, a través do noso servizo de Teleasistencia, a 3.000 persoas maiores que viven soas. 

Ademáis, para poder aproveitar con garantías a oportunidade única que supoñen para España os fondos europeos Next Generation, a Deputación contempla nos seus orzamentos para o ano que comeza a creación dunha nova oficina de apoio aos concellos na planificación, deseño e desenvolvemento de proxectos estratéxicos vinculados ao Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España.

En definitiva, será un ano no que seguro que haberá obstáculos e dificultades, pero que comezamos con optimismo e esperanza, sentando as bases para construír un futuro mellor. 

Martín Fernández Prado, presidente del Puerto de A Coruña: “Aspiramos a que los petroleros dejen de atracar en la ciudad” VICTOR ECHAVE

Martín Fernández Prado, presidente del Puerto de A Coruña: “Aspiramos a que los petroleros dejen de atracar en la ciudad”

Esperamos de 2022 que sea un año en el que acabe la pandemia y trasladamos los mejores deseos de salud y empleo para los coruñeses.

Pensando en la actividad del Puerto, nuestra mayor aspiración es alcanzar el hito histórico de que los petroleros dejen de atracar en la ciudad y lo hagan para siempre en la dársena de punta Langosteira, algo que esperamos que ocurra ya en agosto o septiembre con el traslado de Repsol al puerto exterior.

Otros objetivos fundamentales son el comienzo de las obras del tren a Langosteira y la instalación de industrias vinculadas a la energía verde a través de nuestro proyecto A Coruña Green Port.

En la ciudad aspiramos a que quede despejado el futuro de los muelles urbanos para el uso y disfrute de los coruñeses. En esta zona debe abrirse un espacio de oportunidades para diferentes sectores productivos, sociales y culturales de la ciudad.

No nos olvidamos del sector pesquero, del que deseamos que mantenga su pujanza en los muelles interiores.

José Antonio Santiso, presidente do Consorcio As Mariñas VICTOR ECHAVE

José Antonio Santiso, presidente do Consorcio As Mariñas: “Se falamos de calidade de vida, hai que baixar a factura da electricidade”

Comeza o 2022 con todas as esperanzas postas en que a situación sanitaria a nivel global nos dea un respiro. A COVID márcanos a vida desde hai dous anos cun grande esforzo persoal de cada un. Ogallá a esperanza da vacina, co destacado papel da ciencia, termine xa coa pandemia.

Neste contexto coido que queda de relevancia que a Administración debe marcarse como actuación prioritaria a blindaxe do benestar social. A sanidade e os servizos sociais son esenciais, así como a axuda a empresas e autónomos para afrontar os efectos da COVID.

É imprescindible abordar as consecuencias que está a traer a pandemia no eido da saúde mental. No Consorcio As Mariñas temos claro seu carácter esencial cun traballo que mantivemos moitos anos da man de APEM.

Outro desexo que na bisbarra lle pedimos ao 2022 pasa pola mellora das infraestruturas. Cómpre un avance importante nos proxectos previstos na rede viaria así como nos sistemas de transporte colectivo. Contar con servizos efectivos conduce ao incremento da calidade de vida.

A nivel ambiental ten que ser o ano da dragaxe da ría do Burgo, unha longa demanda tanto por recuperar o enclave como pola actividade marisqueira. O potencial do noso territorio ten que ser un alicerce para o desenvolvemento económico. Neste senso, a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo converteuse no primeiro destino de ecoturismo de Galicia, recoñecemento que no novo ano esperamos aproveitar.

Se falamos de calidade de vida, hai que baixar a factura da electricidade. A recuperación pasa por facilitar a vida cotiá das familias e por garantir a xustiza social, cunha contribución equitativa para manter os servizos públicos, protexendo as persoas máis vulnerables e evitando que os esforzos recaian sempre nos mesmos.

Julio Abalde, peitor da Universidade da Coruña CARLOS PARDELLAS

Julio Abalde, reitor da Universidade da Coruña: “Esperemos que 2022 supoña a consolidación de proxectos estratéxicos”

O ano 2022, ademais da tan desexada normalidade, debe supoñer un salto cualitativo na transformación da Universidade da Coruña nunha institución dixitalizada, sustentable e eficiente enerxeticamente, unha institución que loite polo desenvolvemento social e a igualdade.

Garantir a seguridade sanitaria de toda a comunidade será unha das principais preocupacións da UDC.

En aspectos máis concretos, esperamos que o próximo ano supoña a consolidación dos proxectos estratéxicos, como a realización dos proxectos de eficiencia enerxética dun número significativo dos nosos centros, o inicio da Cidade das TIC, coa posta en marcha do Centro de Servizos Avanzados e o comezo do novo Citic, e a consolidación do Campus Industrial de Ferrol.

Rosa Gallego, portavoz del Grupo municipal del PP VICTOR ECHAVE

Rosa Gallego, portavoz del Grupo municipal del PP: “Esperemos que en 2022 la alcaldesa cambie de rumbo en inversiones clave”

Llegamos a 2022 tras un segundo año complicado por la pandemia. A la lucha para la recuperación sanitaria hay que sumar la económica. En el Grupo Popular siempre estaremos en todo lo que sea beneficioso para la ciudad, por eso hemos reclamado que Inés Rey dialogue con nosotros, incluyendo una carta sin respuesta a pesar del llamamiento al diálogo en su discurso navideño. 

Pero Inés Rey ha preferido prorrogar por segundo año el presupuesto de 2020, no adaptado a la pandemia, a sentarse con nosotros, que le hemos entregado una propuesta con iniciativas por 100 millones de euros para empleo y promoción económica, para mejorar la vida de las personas y para mejorar los barrios con más de doscientas actuaciones detalladas barrio a barrio. 

Le hemos presentado un presupuesto hecho al que solo le falta añadir el gasto de personal y el gasto corriente. Inés Rey tendrá que elegir en 2022 entre un pacto a la coruñesa (con Marea) que se ha visto no funciona y no es bueno para los coruñeses, o un pacto por A Coruña (con PP) que pone los intereses de los ciudadanos por delante para avanzar en los grandes temas.

El bipartito PSOE-Marea es un retroceso. No han sido capaces de aprobar un presupuesto en tiempo y forma en siete años. El último fue el de 2015, aprobado por el PP. Por tanto, comenzamos 2022 con más impuestos, sin nuevas inversiones y sin convenios. Y con los coruñeses viendo cómo okupan sus viviendas, roban en sus comercios, no consiguen aparcar, pierden tiempo en los atascos o no tienen ni una inversión nueva en sus barrios. 

Frente a un gobierno municipal ineficaz y a uno del Estado que nos ignora, la única que cumple es la Xunta: 500 millones de euros en 2022 para tres infraestructuras clave: Nuevo Chuac, estación intermodal y terrenos del puerto. Esperemos que el próximo año la alcaldesa cambie de rumbo y deje de poner piedras en las ruedas de estas inversiones claves para el futuro.

María García, voceira da Marea Atlántica Casteleiro/Roller Agencia

María García, voceira da Marea Atlántica: “Desexo que o PP e PSOE asuman que non fai falla enterrar millóns nos peiraos”

Está a piques de voar unha nova folla do calendario, outra que leva escrita a palabra “pandemia”. Deixamos atrás un 2021 moi duro para o benestar físico, mental e económico da inmensa maioría da xente, así que permitídeme empregar esta oportunidade para pintar o novo almanaque con algúns bos desexos, coa vida no centro. 

Oxalá o 2022 sexa o ano no que poidamos dobrarlle o brazo á COVID-19, e deixar atrás o sacrificio e a incerteza. Algo no que todas as administracións teñen que traballar. Comezando pola sanidade pública, xa non por reforzala, senón por dotala de todos os recursos necesarios para unha atención gratuíta, universal e de calidade. As colas, o esgotamento e a saturación que estamos a ver estes días en centros de saúde e nas urxencias hospitalarias non poden repetirse.

Na Coruña, o Concello tamén ten que estar á altura dos retos de 2022, e niso a Marea Atlántica porá todo o seu empeño. Partindo dunha ferramenta fundamental, como son os Orzamentos, poremos sobre a mesa nas conversas co PSOE a atención aos barrios, o coidados as persoas, o cambio climático, á enerxía verde e democrática ou á promoción do emprego. E, por suposto, 9 millóns de euros para a vivenda, a raíz do acordo que asinamos esta semana. 

Para iso, van ser necesarios todos os recursos, para atender necesidades e chegar a eses barrios que non adoitan saír na foto. Vaia, pois, o meu último desexo para 2022: que PP e PSOE asuman por fin que non fai falla enterrar 20 millóns de euros para que as coruñesas e os coruñeses poidamos andar nos peiraos coma se fosen (que xa o son) a nosa casa.

Francisco Jorquera, voceiro do BNG da Coruña CARLOS PARDELLAS

Francisco Jorquera, voceiro do BNG da Coruña: “Temos que darnos un futuro superando modelos urbanísticos do pasado”

“Teñamos o valor de darnos un futuro”, reza a felicitación do BNG da Coruña para este ano novo, extraída dun poema do xornalista e escritor coruñés Manuel Álvarez Torneiro.

O meu desexo para 2022 é que dunha vez por todas venzamos a COVID e as súas consecuencias e teñamos o valor de darnos un futuro, aprendendo das leccións que a pandemia nos deixou.

Por exemplo, a importancia de termos uns servizos e unhas políticas públicas robustas e eficaces, imprescindíbeis para asegurar a saúde, o benestar e a protección social. Teñamos o valor de darnos un futuro, facendo que a cidade da Coruña sexa un referente.

Ou a importancia da ciencia. Nunha cidade con institucións do relevo do INIBIC e científicos do prestixio internacional de Diego González Rivas, teñamos o valor de darnos un futuro, poñendo en valor a nosa ciencia e investigación. 

Tamén a importancia da economía propia, para non sermos dependentes en exceso dos suministros do exterior. Teñamos o valor de darnos un futuro, mobilizando e poñendo en valor os nosos recursos para que A Coruña sexa o motor económico que Galiza necesita.

A pandemia tamén nos ensinou a importancia de termos cidades á medida das persoas, cun espazo público de calidade. Na Galiza temos modelos como Pontevedra que son unha referencia mundial.

Teñamos o valor de darnos un futuro, superando modelos urbanísticos do pasado, para facer da Coruña un modelo de calidade urbana e de democratización do espazo público.

Desexo ás coruñesas e coruñeses saúde, progreso e xustiza.

E que entre todas e todos teñamos o valor de darnos un futuro, facendo da Coruña unha cidade modelo.