O Teatro Rosalía de Castro ofrece mañá sábado o espectáculo teatral A lúa vai encuberta, unha coprodución das agrupacións Incendiaria eA Quinta do Cuadrante, inspirada no legado literario do escritor e poeta galego Manuel María. A representación teatral será ás 20.30 e as entradas xa están á venda a uns prezos de entre 5 e 14 euros.

A peza está dirixida por Tito Asorey e gañou o segundo Certame Manuel María de Proxectos Teatrais. É necesario presentar certificado de vacinación, PCR ou test de antíxenos negativo.