Hai case tres tres meses que accedín a servir á miña veciñanza desde un grupo de privilexio dentro do barrio, pola seu compromiso, coñecemento e implicación. Considero agora chegado o momento de amosar públicamente a preocupación polo deterioro dos elementos que soportan o escaso nivel das prestacions sociais das que disfrutamos.

Desde unha posición de mero observador teño a obriga de indicar, sen profundizar nas estratexias do mercado, que os nosos maiores deben ser atendidos nos servizos bancarios dun xeito comprensivo, asumindo que son as entidades financieiras debedoras cara os maiores, ademais de educación e respecto de cantidades millonarias de euros, que non teñen correspondencia coa súa estratexia a longo prazo.

E, se aplicamos os criterios propios do capital e o seu funcionamento, deberían sentar os nosos maiores nos consellos de administración da banca e dirixir a súa política. Pois ás entidades, ao ser rescatadas, non se lles fixo análise polo miúdo dos famosos buratos nos que, sen dúbida algunha, participaba a totalidade do sistema, fronte aos moi aireados coa intencionalidade de exclusividade, das antigas caixas de aforros.

Por iso quero centrar a intervención nun sector empresarial que non pode presentarse como impoñedor das súas estratexias, como se fosen demandados os seus servizos a través da liberdade competitiva, que pola contra vémonos, non só os maiores, na obriga de tramitar moitos servizos a través dunha apertura de conta obrigada pola Administración, e coa domiciliación conseguinte de encomendas se non queremos pagar mantementos desmesurados.

Entendo que non estou a descubrir algo oculto que non se coñece, pero convén lembrar aos nosos banqueiros a verdadeira situación de privilexio na consecución de rendementos, coa venda dos seus produtos que é á fin de contas, o elemento básico que persegue todo nogocio mercantil. Para rematar en formato sucinto: a situación real do sector bancario é de debedor cos nosos maiores, cunha clientela dirixida e obrigada a demandar os seus servizos. O seu posicionamento real deberíalles afastar das imposicións horarias e obrigas online; ser prudentes e respectar a poboación menos entreada nas novas tecnoloxías e apoiando á nosa xente; e ofrecendo servizos amplos sen restriccións, mantendo un persoal ben dirixido e formado en atención social e técnica.

Deixo todos os temas da axenda: educación, lixo, balcón do Santo Amaro, parque de Marte en reserva, porque os nosos maiores teñen preferencia exclusiva nas nosas reivindicacións.