O Concello promove este 2022 como Ano Internacional María Casares no centenario do nacemento da actriz e dedícalle tamén unha parte do Entroido, o Xoves de Comadres. A celebración consistiu onte nun percorrido literario e musicalizado por distintos lugares da cidade. A andaina saíu da praza diante da antiga Fábrica de Tabacos (Casares era neta dunha traballador), onde as comadres cantaron e leron. Despois diante do Teatro Colón (o primeiro escenario ao que subiu a actriz), onde fixeron lectura dramatizada e logo ata a Casa Museo Casares Quiroga. O programa de Entroido obriga a cambios no tráfico. Hoxe de 10.00 a 11.00 córtase un carril vinte minutos en San Andrés e de 13.15 a 13.45 un corte parcial na rúa da Torre coa rúa San Xoán e na entorna Mañá sábado péchase San Andres ao mediodía e de 17.30 a 19.00 córtase Santa Catalina, Cantóns, Mariña e Porta Real polo desfile de carrozas.

Homenaxe a María Casares no Xoves de Comadres con ruta literaria e musical