Cerceda volve á normalidade. Onte regresou a Festa da Nenas e volveron á Silva as bombas de palenque e os pasarrúas coa charanga Os Atrevidos e o grupo Faíscas, a actuación da Asociación Cultural Folque Ruada, o reparto dos bolos preñaos e as competicións de cabalos. Centos de visitantes viron tamén como se nomeou parella da feira á actriz María Mera e o presentador Pepe Capelán.