A Coruña dedica unha chea de actos á celebración do Día das Letras Galegas, co central na praza de María Pita a través dunha lectura pública de textos de Florencio Delgado Gurriarán. O primeiro correu a cargo da alcaldesa Inés Rey ao mediodía, despois dunha actuación do grupo musical da asociación Xacarandaina. Á mesma hora na rúa Barcelona, actuou a asociación cultural Pandereteiras sen Fronteiras; e na praza de Jaspe Deza a asociación Maghua. Ás 12.30 horas, a agrupación folclórica Aturuxo ofreceu un espectáculo de rúa desde os xardíns de Méndez Núñez á praza de Vigo. E pola tarde ás 18.00, houbo actuacións de Os Gaiteiriños (A Gaiteira) e Eidos (de María Pita á praza de Lugo). Media hora despois Son d’aquí foron do Campo de Marte ao Campo da Leña. A xornada pech ás 20 horas con Cántigas da Terra. Tamén este martes, Santiago acolleu a xa tradicional Manifestación do Día das Letras 2022 que finaliza na praza da Quintana, cun acto conducido polo artista coruñés Xurxo Souto.