O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, explicou onte, nunha intervención radiofónica, que non estaba satisfeito co lugar que lle tocara no acto de investidura de Alfonso Rueda como presidente da Xunta. Asegurou que, a diferenza do que pasara en cerimonias anteriores, tamén de presidentes do PP, nesta ocasión, o seu sitio non estaba con outros alcaldes, senón arriba, na sala de prensa, onde estaban as cámaras. Non lle gustou ao alcalde de Oleiros estar ao lado dos medios de comunicación, así que, pediu explicacións por esta localización. Segundo comentou, dixéronlle que ao acto ía moita xente. “Mal empeza a etapa Rueda”, concluíu García Seoane.