No día no que Lino Braxe cumpriría 60 anos, familiares e amigos xuntáronse na fundación Luis Seoane no acto de presentación do seu libro Poemas guardados, no que as cousas se fixeron tal e como a el lle gustaría, con música, con mestura de voces profesionais e amadoras e tamén con moito sentimento. O libro recolle poemas que Braxe escribiu durante as súas estadías en Cuba, Arxentina e Italia. É unha edición bilingüe, na que colaborou a súa compañeira Alexandrina F. Otero.